O Trofeo Aarne Honkavaara (en finésAarne Honkavaara -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada tempada 1977-78, e recoñece o máximo goleador durante a liga regular. Dende a 1995 recibe o seu nome en honor do ex xogador do Ilves e a selección finlandesaAarne Honkavaara.
Con cinco trofeos conseguidos ao longo da súa carreira, Arto Javanainen é o xogador que máis veces foi o máximo goleador da liga regular, gañando catro deles cos Ässät da súa Pori natal, e un co TPS de Turku.[1]
Como ocorre con outros trofeos individuais da SM-liiga, o Trofeo Aarne Honkavaara recibe o seu nome en honor a unha personalidade destacada da historia do hóckey sobre xeo Finlandés. Entregado oficialmente dende a tempada 1977-78, se ben as primeiras veces que se premiou ao máximo goleador da SM-liiga o premio non recibía ningún nome en particular, dende 1995 este trofeo e nomeado en honor ao ex xogador Aarne Honkavaara,[2] quen xogou toda a súa carreira como xogador no Ilves de Tampere na SM-sarja.[a][3] Honkavaara salientou como atacante ao longo da súa curta traxectoria, que se interrompeu cando tiña 29 anos a causa dunha lesión cando estaba a xogar coa súa selección nacional.[4]
Historia
O Trofeo Aarne Honkavaara recoñece ao máximo goleador da SM-liiga durante a liga regular.[5] Entregouse por primeira vez na tempada 1977–78, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi o finlandés Markku Kiimalainen, do Kärpät de Oulu. Foi precisamente esa mesma tempada cando a liga comezou a premiar aos xogadores máis destacados, mais non foi ata a década de 1990 cando estes galardóns comezaron a nomearse en honor ás lendas do hóckey sobre xeo finlandés.[2][6]
Na tempada 1987–88, o xogador de TPSArto Javanainen conseguiu o rexistro récord de 47 goles anotados na liga regular, a pesar do cal o seu equipo non conseguiu a clasificación para os play-offs ao finalizar na quinta posición con dous puntos menos que Lukko.[7] En 2020 ningún xogador conseguira superar a marca de Javanainen.
Na tempada 2019–20 o xogador de JYPJulius Nättinen fíxose co trofeo ao anotar 33 goles.[9] Por mor da panedmia por coronavirus, esa tempada a liga regular non se completou e o seu equipo, como case todos os da Liiga, disputou 59 partidos en lugar dos 60 que se debían xogar.[10]
O equipo para o que máis xogadores alzaron o trofeo é Jokerit de Helsinqui, cun total de seis xogadores, cada un cun trofeo.[f] Os dous equipos que máis xogadores achegaron ao palmarés do galardón foron o propio Jokerit e Ässät, con seis títulos cada un, se ben só tres xogadores alzaron o trofeo xogando no equipo de Pori. Xogadores doutros dez equipos gañaron o trofeo Aarne Honkavaara ata a tempada 2019-2020:
↑Os 47 goles en 44 partidos que Arto Javanainen anotou con TPS na tempada 1987–88 seguen a ser o récord de goles anotados nunha tempada.
↑Esa mesma tempada, o xogador de JYPTomas Chlubna realizou o mesmo rexistro de goles, mais Viitakoski recibiu o galardón debido ao seu mellor rexistro de puntos, tendo conseguido un total de 60, só superado por Janne Ojanen de Tappara, que rexistrou un punto máis.