Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Té matcha

Té matcha

O té matcha (en xaponés: 抹茶 [matːɕa]: té esmagado) é un té verde moído empregado na cerimonia xaponesa do té.

Historia

O té moído ten a súa orixe na China de tempos da dinastía Song.

No ano 1191, o monxe budista Eisai trouxo o té moído ao Xapón, coa introdución do budismo (zen). Co tempo, o té moído foi desaparecendo na China, porén arraigou no Xapón grazas aos costumes dos mosteiros budistas. Máis tarde, as clases altas da sociedade xaponesa adoptaron este té, entre os séculos XIV e XVI.

Produción

A preparación do matcha comeza varias semanas antes da súa colleita. Primeiro cóbrense as plantas do té para as agochar do sol. Deste xeito atrásase o seu crecemento e créase unha cor verde máis escura nas follas. Con este proceso o té gaña en aminoácidos, creándose así un té máis doce.

Trala colla, as follas déitanse nunhas superficie chá para o seu enxugado. O resultado chámase de "tencha" (碾茶). Tíraselles o talo e as veas antes de as moer até conseguir unha textura de po fino coma o talco, dun verde intenso, coñecido coma "matcha".

Só o "tencha" moído produce matcha. Outros tés moídos coñécense coma "konacha" (粉茶).

O sabor do matcha depende dos seus aminoácidos. As mellores calidades teñen un sabor máis doce e máis intenso. As variedades máis correntes obtéñense das últimas colleitas da tempada.

As rexións produtoras do matcha son Uji en Kyoto (chamándose o té desta rexión "Ujicha"), e Nishio en Aichi (chamándose neste caso "Nishiocha").

Preparación

Brocha de bambú (chasen)

Antes de servilo, pásase o matcha por un coador moi fino para eliminar os bolos, axudándose dunha espátula de pau.

Na cerimonia xaponesa do té, o matcha coado déitase primeiro nun recipiente chamado "chaki".

Cunha brocha especial de bambú chamada de chashaku ponse unha medida (unha culleriña) na cunca de té. Engádese unha pouca auga non moi quente. A seguir, abálase a mestura rapidamente coa brocha de bambú chamada chasen até acadar unha consistencia cremosa con espuma na tona. Tradicionalmente, sérvese acompañado dun doce chamado de wagashi.

Outros usos

Un bolo de matcha.

O matcha é un ingrediente da repostaría xaponesa como o xa mencionado wagashi, ou o castella, manju, monaka e kakigori. Tamén se emprega para batidos de leite, xeados, pudins e outras sobremesas occidentais.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya