Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Túnel do amor de Klevan

Túnel do amor
Vista do Túnel do amor de Klevan
Presentación
Nome localТунель Кохання
LocalizaciónKlevan, Ucraína Ucraína
Coordenadas
Uso(s)Industrial e turístico
Dimensións
LonxitudeEntre 3 e 4,9 km

O Túnel do amor (ucraíno: Туне́ль Коха́ння, Tunel Kokhannya) é unha vía verde situada en Klevan, en Ucraína. Segue un antigo camiño de ferro industrial en desuso pero ininterrompido, onde unha densa vexetación composta de árbores e arbustos entrelazados forma un túnel a través do bosque.[1]

Este camiño, duns poucos quilómetros de lonxitude, é coñecido por ser un lugar romántico reservado para paseos amorosos,[2] e que tamén se fixo popular entre os turistas.

O antigo ferrocarril permitía abastecer ás fábricas de materias primas. O lento paso dos vagóns permitiu así conformar a paisaxe creando un oco sen a intervención do home para realizar labores de roza na vía.

Percorrido

A liña comeza na estación de Klevan, na liña Kovel-Rivne, e chega á zona norte de Orzhiv, tamén servida por unha estación na liña principal. Toda a liña ten uns 6,4 km de lonxitude. Uns 4,9 km do camiño están cubertos de bosque, dentro do cal este túnel esténdese entre 3 e 4,9 km, dependendo do criterio, máis ou menos estrito, co que se mida.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya