Ulisse Aldrovandi |
|
Nacemento | 11 de setembro de 1522 Boloña (Estados Pontificios)
|
---|
Morte | 4 de maio de 1605 (82 anos) Boloña (Estados Pontificios)
|
---|
|
Catedrático |
---|
|
|
|
Educación | Universidade de Padua Universidade de Boloña |
---|
|
Campo de traballo | Medicina, historia natural, botánica, entomoloxía e zooloxía |
---|
Lugar de traballo | Boloña (1553 (Gregoriano)–1605) Padua (1548 (Gregoriano)–1549 (Gregoriano)) Boloña (1542 (Gregoriano)–1548 (Gregoriano)) Roma |
---|
Ocupación | entomólogo, pintor, médico, pedagogo, profesor universitario, zoólogo, botánico, ornitólogo, naturalista, xeólogo |
---|
Período de actividade | 1542 (Gregoriano) - 1605 |
---|
Empregador | Universidade de Boloña |
---|
Profesores | Bernardino Tomitano (pt) e Luca Ghini (pt) |
---|
Alumnos | Aelius Everardus Vorstius (pt) e Gaspare Tagliacozzi (pt) |
---|
|
Obras destacables |
Abreviación dun autor en botánica | Aldrovandi |
---|
Abreviatura do autor en zooloxía | Aldrovandi |
---|
|
Familia | Aldrovandi (en) |
---|
|
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Biblioteca dixital BEIC |
---|
|
Ulisse Aldrovandi, nado en Boloña en 1522 e finado na mesma cidade en 1605, foi un científico italiano.
Traxectoria
Fillo do conde Teseo Aldrovandi, secretario do Senado de Boloña. No ano 1529 quedou orfo. En 1538 peregrina a Roma e Santiago de Compostela. En 1539 comeza estudos de humanidades e leis nas universidades de Boloña e Padua.
En 1549 foi acusado de herexía polas súas relacións co anabaptista Camillo Renato e encarcerado en Roma durante 18 meses, durante ese tempo interésase pola botánica, zooloxía e a xeoloxía. En 1551 volve a Boloña, organiza numerosas expedicións para recoller plantas para a súa herboristería. En 1554 comeza a ensinar lóxica e filosofía na Universidade de Boloña, e en 1561 é o primeiro profesor de historia natural. Polos seus esforzos crease o Xardín Botánico de Boloña en 1568. En 1575 foi suspendido das súas actividades públicas durante cinco anos debido a unha disputa sobre a composición dunha menciña popular cos farmacéuticos e doutores de Boloña.
En 1577 solicita a axuda do papa Gregorio XIII, curmán da súa nai, para obter das autoridades de Boloña a restitución dos seus cargos e unha axuda financeira para editar as súas obras. Durante a súa vida formou amplas coleccións de botánica e zooloxía, que despois da súa morte pasaron ao museo da universidade.
Obras
- Ornithologiae, hoc est de vibus historia libri XII (1599)
- Ornithologiae tomus alter (1600)
- De animalibus insectis libri septem, cum singulorum iconibus ad vivum expressis (1602)
- Ornithologiae tomus tertius, ac postremus (1603)
- Historia serpenta et draconi