A Union Mundial pro Interlingua (UMI) é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada a promover o coñecemento e uso da Interlingua no mundo. A UMI foi fundada o 28 de xullo de 1955[1].
A UMI é unha institución de cooperación en materia de promoción do uso da interlingua para a comunicación internacional en situacións adecuadas, a información sobre esta lingua, a edición de manuais, dicionarios e outras publicacións interlingua.
A UMI conta con membros, representantes e representacións nos cinco continentes[1]. Un consello executivo formado por un presidente, un secretario xeral, un vicesecretario e un administrador encárgase das actividades do día a día da UMI. Un consello xeral con, como máximo, dous representantes de cada país, no que exista unha representación nacional interlingua, analiza con detalle as directrices.
A UMI edita unha revista bimestral, Panorama in Interlingua, con información internacional en Interlingua para unha audiencia global: xornalismo, noticias, reportaxes, entrevistas, recensións de libros, e con especial atención á difusión das noticias de Interlingua e Interlingua a nivel mundial.
Notas
Ligazón externa
|
---|
|
Obras básicas | |
---|
Pioneros | |
---|
Características | |
---|
Organizacións relacionadas | |
---|
Revistas | |
---|