A Universidade da Columbia Británica (en inglés : University of British Columbia, de aí o acrónimo UBC, en francés : Université de la Colombie-Britannique) é unha universidade pública canadense.
Historia
Fundada en 1908 [1], a UBC é a institución de ensino superior máis antiga da provincia da Columbia Británica .
Estrutura
Campus
A Universidade da Columbia Británica consta de dous campus diferentes: o principal, situado en Vancouver (en inglés: University of British Columbia, Vancouver - UBCV ) e o secundario (en inglés: University of British Columbia, Okanagan - UBCO ) situado en Kelowna. O campus está situado aproximadamente a dez quilómetros ao oeste do centro de Vancouver, ao que está conectado por unha extensa rede de transporte público.
Colexios
Hai dous colexios universitarios no campus de Vancouver, Green College e St. John's College.
TRIUMF
A súa parte sur alberga TRIUMF, o Laboratorio Nacional de Física de Partículas e Física Nuclear de Canadá. TRIUMF é o fogar do ciclotrón máis grande do mundo [2], tamén usado para a produción de isótopos con fins médicos.
Bibliotecas
O sistema de bibliotecas da universidade é unha das maiores coleccións do Canadá, aloxada en vinte e unha bibliotecas e salas de lectura[3].
Outros edificios
Outras instalacións importantes da universidade son o teatro Chan Center for the Performing Arts, o Xardín Botánico da UBC e o Museo de Antropoloxía da Universidade da Columbia Británica.
Comunicacións
A universidade publica o semanario The Ubyssey [4], fundado en 1918 e editado por estudantes; tamén conta cunha emisora de radio, CITR-FM, activa desde 1937[5].
Notas
- ↑ "Early Days of UBC Mirrored Province’s Boom and Bust Cycles" (en inglés). 2008-06-05. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 24 de abril de 2022.
- ↑ "TRIUMF Backgrounder". www.triumf.ca/home/about-triumf/about-us/faq-about-triumf (en inglés). Consultado o 24-4-2022.
- ↑ "About-us ; overview". collections.library.ubc.ca (en inglés).
- ↑ "about". www.ubyssey.ca. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 24 de abril de 2022.
- ↑ "Icecast Streaming Media Server". www.citr.ca. Consultado o 2022-04-24.
Véxase tamén
Outros artigos