A VG-4.3 ou Vía de Alta Capacidade Cambados-Vilagarcía de Arousa[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Cambados e Vilagarcía de Arousa; atravesa os concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ten unha lonxitude de 8,21 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa VG-4.2 en Cambados e finaliza nun cruzamento coa N-640 en Vilagarcía de Arousa.
Percorrido
Inicia na rotonda da VG-4.2 cos accesos ao oeste cara á estrada PO-550 a Cambados e ao leste cara á estrada PO-300 á parroquia do Mosteiro (concello de Meis), seguindo á ligazón da parroquia de Corvillón (concello de Cambados) coa estrada PO-549 e outro acceso cara a leste á estrada EP-9002 ao lugar da Modia (mesmo concello). Seguindo á ligazón de Tremoedo coa estrada PO-530, coa dirección cara a oeste á Illa de Arousa e outra cara a leste á parroquia de Tremoedo (concello de Vilanova de Arousa), seguindo á ligazón de Santa Mariña (concello de Vilagarcía de Arousa) coa estrada PO-529 con dirección cara a oeste ao lugar do Rial e outra á rotonda da estrada PO-528 cara a Vilagarcía de Arousa e remata na rotonda da estrada nacional N-640 no lugar do Coruxo (mesmo concello).
Historia
As primeiras obras iniciaron en agosto de 2001[3] e inaugurara en setembro de 2003,[4][5][6][7] como alternativa da estrada autonómica PO-549 que lle rodea pola costa e conta o acceso directo á Illa de Arousa.
Treitos
Notas
|
---|
Vías de alta capacidade | Autoestradas e autovías | |
---|
Vías rápidas e corredores | |
---|
|
---|
Estradas convencionais | A Coruña | Rede primaria básica | |
---|
Rede primaria complementaria | |
---|
Rede secundaria | |
---|
|
---|
Lugo | Rede primaria básica | |
---|
Rede primaria complementaria | |
---|
Rede secundaria | |
---|
|
---|
Ourense | Rede primaria básica | |
---|
Rede primaria complementaria | |
---|
Rede secundaria | |
---|
|
---|
Pontevedra | Rede primaria básica | |
---|
Rede primaria complementaria | |
---|
Rede secundaria | |
---|
|
---|
|
---|