Vaca (en polaco: Twarz)[1][2][3] é un filme polaco de 2018 dirixido por Małgorzata Szumowska. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na sección de competición principal da 68ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[4][5] O filme foi galardoado co Gran Premio do Xurado no festival.[6]
Estreouse en galego o 18 de agosto de 2022 na TVG.[7] Foi traducido por Manuel Arca Castro, con revisión de Katrin Ballesteros dende o polaco.[8]
Sinopse
Dende o 6 de novembro de 2010, en Świebodzin, no oeste de Polonia, érguese a estatua de Xesucristo máis alta do mundo, a estatua de Cristo Rei de Świebodzin con 36 metros sen contar a base. En 2013, un home de 33 anos, vítima dun accidente laboral, foi sometido ao primeiro transplante facial realizado en Polonia. O filme fusiona estes dous récords nacionais de Polonia na súa historia.
Elenco
Notas