Vicente Barros, nado en Mourente (Pontevedra) e finado en Buenos Aires o 7 de maio de 1954, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
Emigrou a Arxentina. Pintor de profesión. Foi membro da Sociedade d'Arte Pondal, da que foi elixido secretario en 1927,[1] e presidente en 1929,[2] e despois da Sociedade Nazonalista Pondal da que foi presidente en 1932 e director do seu periódico A Fouce dende 1933. Colaborou en El Despertar Gallego,[3] Céltiga, A Nosa Terra e Raza Celta. Finou en Buenos Aires o 7 de maio de 1954.[4]
Obras
- Nacionalismo galego. Vieiro de liberdade. Sociedade Nazonalista Pondal, 1936.
Notas
- ↑ Correo de Galicia, 7-8-1927, p. 12.
- ↑ Correo de Galicia, 21-4-1929, p. 1.
- ↑ El Despertar Gallego, 15-1-1928, p. 1.
- ↑ A Nosa Terra, 16-7-1954, p. 2.