San Xoán de Vilar de Santos é unha parroquia do concello ourensán de Vilar de Santos. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 416 habitantes (203 homes e 213 mulleres).
Patrimonio
A igrexa parroquial é de estilo románico de transición ó gótico ou protogótico. Substitúe a cabeceira gótica con algunha figura da nobreza representados coma mecenas na portada. Por outra banda, na parte exterior do templo hai un exemplo de iconografía románica erótica nun dos canzorros, cunha parella masturbándose, (home e muller) así como outras simboloxías a ter en conta e descifrar, como a portada norte do templo cun tímpano onde se representa unha árbore caída. Preto da igrexa hai un museo etnográfico sobre a comarca da Limia.
Galería de imaxes
-
Igrexa de San Xoán de Vilar de Santos.
-
Portada lateral da igrexa.
-
-
Imaxe dun canzorro erótico de Vilar de Santos.
Lugares e parroquias
Lugares de Vilar de Santos
Parroquias de Vilar de Santos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas