Vladimir Nikolayevich Dezhurov, nado en Yavas (distrito de Zubovo-Polianski) o 30 de xullo de 1962, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TM-21, STS-105, STS-71, STS-108 e participou na Expedición 3 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 244,23 días no espazo.[1]
Traxectoria
Dezhurov graduadose como enxeñeiro en 1983 na Escola Superior de Aviación Militar S.I. Gritsevits Kharkov. Despois da súa graduación serviu como piloto na Forza Aérea e en 1987 foi asignado ao Centro de Adestramento de Cosmonautas e en 1995 voou como comandante da misión Soiuz TM-21 cara a estación espacial Mir. Participou máis tarde nas misión STS-105, STS-71, STS-108 e formou parte da Expedición 3 á ISS.[1]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos