Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Xacemento de Proendos

Modelo:Xeografía físicaXacemento de Proendos
Imaxe
Muros de pedra que formaban a base do hórreo.
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaProendos, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°27′11″N 7°34′59″O / 42.45294277, -7.58294908
Características
Superficie45 m² Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoSéculo I e Século IV Editar o valor en Wikidata

O xacemento de Proendos é un xacemento arqueolóxico na parroquia de Proendos no concello de Sober. Na contorna hai un gran número de exemplos do desenvolvemento histórico da zona, dende petróglifos ata torres da homenaxe da Idade Media, pasando polo que parece ser unha vila romana que tivo actividade dende o século I ata o século IV.

Primeiras escavacións

A primeira campaña de escavacións, en 2022, puxo ao descuberto a totalidade do horreum ou depósito de cereais que foi descuberto no 2020. Composto por 7 muros paralelos de pedra conformaban a base do hórreo de madeira de un 45 metros cadrados. Na contorna do hórreo descubríronse restos doutras construcións, do que puido ser unha vila ou mansión rural romana (posterior ao hórreo que data do século I) dos séculos III e IV.[1][2] Ademais dalgunhas moedas e cerámica romana con elementos castrexos, atopáronse pezas de lousa con orificios das que inda se descoñece a súa función.[1]

Segunda fase

No 2024 realizouse unha prospección con xeorradar cubrindo unha superficie de 15 000 metros cadrados, localizáronse numerosas estruturas do que puido ser unha vila rural. Destacou unha grande estrutura rectangular cun patio, do que podería ser un perístilo.[3][4][5]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya