A maior parte da xeografía de Australia está composta por desertos ou zonas semiáridas (o 40 % da masa terrestre está cuberta por dunas de area). Só os extremos sueste e suroeste teñen un clima temperado e un chan moderadamente fértil. A parte norte do país ten un clima tropical: parte é bosque tropical, parte son pastos e parte é deserto. A Gran Barreira de Coral, o maior arrecife de coral do mundo, sitúase a pouca distancia da costa nordeste e esténdese por máis de 1.200 km. O Uluru (coñecido como Ayers Rock ata 1986) é o maior monólito do mundo e sitúase na Australia central.
A maior parte do territorio é un planalto baixo e desértico; unha planicie fértil no sueste. O punto máis baixo do territorio é o Lago Eyre (15 m) e máis elevado é o Monte Kosciuszko (2.229 m).
Canto ao uso da terra, en estimacións de 1993, un 6 % é de labor, non hai cultivos permanentes, o 54 % corresponde a pastos permanentes, un 19 % a bosques e o 21 % restante a outros aproveitamentos. De todo o territorio, 21.070 km2 son de terra irrigada.
A Gran Barreira de Coral, o maior arrecife natural do mundo, está ameazado polo aumento de tráfico marítimo e pola súa popularidade como destino turístico.