Tonga é un arquipélago localizado ao sur de Samoa. As súas 169 illas, das cales 36 están habitadas[1], divídense en tres grupos principais: Vava'ou, Ten'apai e Tongatapu, que forman unha liña norte-sur de 800 quilómetros de longo. Tongatapu, a illa máis grande e que alberga a capital Nukuʻalofa, cobre 257 km². Xeoloxicamente, as illas de Tonga son de dous tipos: a maioría teñen unha base de pedra calcaria que se orixinou a partir de formacións de coral levantadas; as demais consisten en pedra calcaria sobre unha base de orixe volcánica.
O clima é basicamente subtropical cun período cálido (de decembro a abril), durante o cal a temperatura sobe por riba dos 32 °C, e un período máis fresco (de maio a novembro), no que as temperaturas non acostuman superar os 27 °C. A temperatura sobe de 23 °C a 27 °C, e a precipitación anual varía de 170 a 297 centímetros se se viaxa desde Tongatapu para o sur para as illas do norte máis próximas ao Ecuador. A humidade media diaria é do 80%.
Ten unha área total de 748 km², dos que 718 km² son de terra e 30 de auga. Non ten fronteiras con outros países, e ten unha lonxitude de costas de 419 km.
Accidentes mariños: plataforma continental:
200 m de profundidade
zona económica exclusiva:
200 mn (370.4 km)
territorio mariño:
12 mn (22.2 km)
Clima:
tropical; alterado por ventos alisios; estación cálida (de decembro a maio), estación fresca (de maio a decembro)
Terreo:
a maioría das illas teñen unha base de pedra calcaria que se orixinou a partir de formacións de coral levantadas; as demais consisten en pedra calcaria sobre unha base de orixe volcánica.
Elevacións do terreo: punto máis baixo:
Océano Pacífico 0 m
punto máis alto:
lugar sen nome en Kao Island con 1.033 m
Recursos naturais:
pescado, terreo fértil
Uso da terra: terreo cultivábel:
24%
cultivo permanente:
43%
pastos permanentes:
6%
bosque e selva:
11%
outros:
16% (1993 est.)
Terras de regadío:
N/D km²
Perigos naturais:
ciclóns (de outubro a abril); terremotos e actividade volcánica en Fonuafo'ou (Illa Falcón) e Late'iki (Illa Mete)