Os Xogos Olímpicos de 2028 (en inglés: 2028 Olympic Games), oficialmente os Xogos da XXXIV Olimpíada (en inglés: Games of the XXXIV Olympiad) e tamén coñecidos como Os Ánxeles 2028, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 14 ao 30 de xullo de 2028 cos Ánxeles, Estados Unidos, como a súa principal cidade anfitrioa.[1]
Os Ánxeles optara orixinalmente para organizar os Xogos Olímpicos de 2024. Porén, despois de múltiples retiradas que deixaron só aos Ánxeles e a París en liza, o Comité Olímpico Internacional (COI) aprobou un proceso para conceder simultaneamente os Xogos Olímpicos de 2024 e 2028 aos dous candidatos restantes, sendo Os Ánxeles escollido como anfitrión de 2028. Este nomeamento foi outorgado formalmente na 131ª Sesión do COI en Lima, Perú, o 13 de setembro de 2017. Serán os quintos Xogos Olímpicos de verán, e os novenos en xeral, organizados dentro dos Estados Unidos. Ademais, despois de ser a sede dos Xogos Olímpicos de 1932 e 1984, a cidade converterase na terceira anfitrioa en repetir tres ocasións despois de Londres e París.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas