Ricardo García Suárez , coñecido co nome artístico de Xohán Ledo , nado en Ferrol o 15 de outubro de 1917 e finado en Vigo o 10 de xuño de 2006 , foi un médico e ilustrador galego.
Traxectoria
SEG en 1934: Entre outros: Otero Pedrayo , Iglesias Vilarelle , Parga Pondal , Ferreiro Panadeiro , Fernández Osorio , Fernández Cochón , Vicente Risco , González García-Paz , Antón Taboada Roca , Paulino Pedret , Xesús Carro , Antón Fraguas , Xohán Ledo , Isla Couto , Ferreirós Espinosa , López Cuevillas e Ramos Colemán
Fillo dun militar de artillaría , fixo o bacharelato na Coruña. En 1933 comezou a estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela . Durante a guerra civil española serviu de sanitario en varias frontes, e rematou a carreira en 1943. Especializouse en cirurxía torácica, e traballou en Bilbao nun hospital antituberculoso . En 1950 instalouse en Vigo e abriu unha consulta privada, que despois abandonou ao entrar a traballar para a Seguridade Social .
En Vigo retomou o contacto co galeguismo , e comezou a colaborar coa Editorial Galaxia e a revista Grial entre 1951 e 1983 . Fixo as capas, o deseño interior e as ilustracións de case todas as coleccións da editorial, o que o converteu -con Luís Seoane no exilio- no renovador da imaxe gráfica do libro galego. Fixo as portadas de Á lus do candil (Ánxel Fole , 1954), Si o vello Sinbad volvese ás illas... (Álvaro Cunqueiro , 1961) ou Os biosbardos (Eduardo Blanco Amor , 1962) e ilustrou obras como Terra brava (Ánxel Fole, 1955), As crónicas do sochantre (Á. Cunqueiro, 1956), Dos arquivos do trasno (Rafael Dieste , 1962) ou Xente no rodicio (Xosé Neira Vilas , 1971). Tamén realizou folletos, almanaques e carteis, como os primeiros que se fixeron sobre o Día das Letras Galegas .
Escribiu numerosos textos sobre arte, tanto na vertente pictórica como arquitectónica, que espallou en revistas, prólogos e volumes colectivos. Entre eles cómpre salientar os dedicados a Luís Seoane e Carlos Maside , seus grandes amigos da mocidade, sobre a pintura de Manuel Colmeiro ou a personalidade e obra do arquitecto Manuel Gómez Román .
Logo da súa xubilación retomou a súa faceta de tradutor , vertendo ao galego dous textos de William Shakespeare : Ricardo III (Fundación Otero Pedrayo, 1998; Premio Trasalba ), e Xulio César (Ediciós do Castro , 1998)[ 1] .
En 1956 casou con Mimí Alonso da Cuña, coa que tivo tres fillas e un fillo.
Recoñecementos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas