Xosé Ramón Mariño Ferro
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mariño.
Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Foi profesor titular de Antropoloxía Cultural na Universidade de Santiago de Compostela até a súa xubilación.
Traxectoria
Doutor en Filosofía e Letras, licenciouse en antropoloxía americana na Universidade Complutense de Madrid pero ós principios dos anos 80 comezou a recoller información de campo sobre medicina popular galega (1982-1984) e sobre o entroido (1985-1987). Tamén recolleu información sobre as diferentes romarías galegas para o Museo do Pobo Galego.
Ademais de colaborar asiduamente en distintas revistas (Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Gallaecia) foi publicando numerosos libros sobre a cultura popular galega e europea. Tamén ten publicados varios libros de narrativa infantil.
Mariño Ferro defende a idea de que a cultura popular galega está entroncada coa cultura popular europea, formada na Idade Media. De feito, afirma que:
Todo o que son crenzas en Galicia son comúns a toda Europa, especialmente á de tradición católica. Pode haber algún matiz, de feito algunhas consérvanse mellor porque foi rural moito máis tempo, pero é o mesmo. [1]
Engade que a cultura popular galega non se compón de elementos illados senón que está perfectamente artellada. Outra das liñas de traballo de Mariño Ferro é pór en evidencia a funcionalidade dos costumes tradicionais por riba da súa aparencia supersticiosa.
Obra en galego
Ensaio
- Cultura popular (1985, Museo do Pobo Galego).[2]
- Autobiografía dun labrego (1986, Xerais; reeditado en 2017[3]).
- Aparicións e Santa Compaña (1995, Edicións do Cumio).
- Lobos, lobas e lobishomes (1995, Edicións do Cumio).
- O sexo na poesía popular (1995, Edicións do Cumio).
- Contos marabillosos (1996, Edicións do Cumio).
- O demo e o trasno (1996, Edicións do Cumio).
- Serpes e dragóns (1997, Edicións do Cumio).
- Contos de homes e mulleres (1999, Edicións do Cumio).
- Antropoloxía de Galicia (2000, Xerais).
- O Entroido ou os praceres da carne (2000, Cadernos do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro).
- Antropoloxía da alimentación (alimentos elixidos, alimentos prohibidos) (2004, Unidixital).
- Introducción á antropoloxía cultural (2004).
- Manuel Branco Romasanta, o lobishome asasino (2007, Nigra).
Literatura infanto-xuvenil
- A nena branca de Vilamaxín (1990, Edelvives).
- Liño aprende a ser indio (1996, Edelvives).
- A amora na silva (2000, Edicións do Cumio).
- Brancaflor (2000, Edicións do Cumio).
- Os dous xemelgos, o dragón e o pazo encantado (2000, Edicións do Cumio).
- A filla do rei (2000, Edicións do Cumio).
- Iria e o cabalo Buligán (2000, Edicións do Cumio).
- Unha vella tiña un can (2000, Edicións do Cumio).
Obras colectivas
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade (1990, Xermolos).
- Nacemento, casamento e morte en Galicia. Resposta á enquisa do Ateneo de Madrid, (1901-1902) (1990, Consello da Cultura Galega).
- Romanceiro en lingua galega (2002, Xerais). Con Xosé Carlos López Bernárdez.
- Bestiario en pedra: animais fabulosos na arte medieval galega (2004, Nigra). Con Xosé Carlos López Bernárdez.
- Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza (2010, Nigra). Con Xosé Manuel González Reboredo.
- Romancero popular gallego, de Alfonso Hervella Courel (2011, Nigra). Coeditor, con Xosé Carlos López Bernárdez.
Obra en castelán
Ensaio
- Satán, sus siervas las brujas y la religión del mal (1984, Xerais).
- La medicina popular interpretada I (1985, Xerais) e II (1986, Xerais).
- Las romerías, peregrinaciones y sus símbolos (1987, Xerais).
- La medicina mágica (Hipócrates) (1988, Xerais).
- Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechua (1989, Universidade de Santiago de Compostela).
- La Llave de la Astrología (1989, Edicomunicación)
- Plantas, carnes y minerales medicinales (1991, Deputación de Pontevedra).
- El simbolismo animal: creencias y significados en la cultura occidental (1996, Encuentro).
- Los cuentos maravillosos: realismo mágico (2004, Ronsel).
- La brujería en Galicia (2006, Nigra).
- Leyendas, mitos y creencias de Galicia (2008, Ellago).
- Los amores del ciervo (2010, Instituto de las Identidades, Salamanca).
- Leyendas y milagros del camino de Santiago (2010, Ellago).
Edición
- Leyendas y creencias de Galicia (2000, Pontevedra).
Obras colectivas
- Entroido: aproximación a la fiesta de Carnaval en Galicia (1987, Deputación da Coruña). Con Xosé Manuel González Reboredo.
- La medicina mágica (Hipócrates) (1988).
- Muerte, religión y símbolos en una comunidad quechua (1989).
- La construcción del texto etnográfico a través de dos autores: aportación a una historia de la etnografía en Galicia (1996, Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos).
- Santuarios mágicos de Galicia (2003, Nigra).
Premios
- Gañador do III Premio Internacional de Investigación Etnográfica Ángel Carril no 2010, por Los amores del ciervo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
|
|