Xulio Ricardo Trigo, nado en Betanzos en 1959 é un novelista, poeta e tradutor galego de lingua catalá.
Traxectoria
No ano 1965 el e maila súa familia mudáronse a Valencia. Viviu temporalmente en 1992-93 en Barcelona, volvendo despois a Valencia. Desde 2005 mora en Tarragona.
Foi redactor das páxinas culturais do Diari de Barcelona. Dirixiu as páxinas literarias do semanario El Temps e colaborou tamén noutros diarios e revistas con artigos literarios. Desde 1994 dedícase plenamente á literatura.
Entre a súa produción, destaca en narrativa La desaparició d'Evelyn e Després de l'oblit, mentres en poesía é de recoñecer o seu Llibre de quietud. En narrativa xuvenil publicou La passió d'Alexandra, publicada como A paixón de Alexandra na Colección Fóra de Xogo de Xerais, obra na que descobre ao lector o mundo do bookcrossing.
Listaxe de obra escrita publicada
Participación en volumes colectivos
Véxase tamén
Ligazóns externas