Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Zersenay Tadese

Modelo:BiografíaZersenay Tadese

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Mendefera, Eritrea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura160 cm Editar o valor en Wikidata
Peso56 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaratoniano, fondista, atleta Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaMaratón Editar o valor en Wikidata
Participou en
6 de maio de 2017Breaking2 (en) Traducir
2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2012Xogos Olímpicos de 2012
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsKidane Tadesse Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14167401 Olympic.org: zersenay-tadese Editar o valor en Wikidata

Zersenay Tadese (en tigriña: ዘርእሰናይ ታደሰ), nado o 8 de febreiro de 1982, é un deportista eritreo de longa distancia. Catro veces campión do mundo de medio maratón, tamén bateu o récord mundial de medio maratón 21 de marzo de 2010 por dez segundos, ao impoñerse na 20ª edición da carreira de Lisboa cun tempo oficial de 58:23 que lle reportou un premio de 50.000 euros.

Tadesse converteuse no primeiro deportista de Eritrea en gañar unha medalla olímpica cando se fixo co bronce na final dos 10 000 metros nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas logo de rematar despois dos etíopes Kenenisa Bekele e Sileshi Sihine. Ademais, converteuse no primeiro deportista do seu país en lograr un título mundial ao vencer no Campionato do Mundo de Medio Maratón de 2006.

En abril de 2006, finalizou cuarto no Campionato Mundial de Campo a Través, conseguindo xunto cos seus compañeiros Yonas Kifle, Ali Abdallah e Tesfayohannes Mesfen facerse coa medalla de prata por equipos, só por detrás do combinado de Kenya. En setembro dese mesmo ano, logrou a medalla de ouro no primeiro Campionato do Mundo en Ruta sobre unha distancia de 20 quilómetros organizado pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya