5 de abril
O 5 de abril é o 95º día do ano do calendario gregoriano e o 96º nos anos bisestos. Quedan 270 días para finalizar o ano.
Acontecementos
Nacementos
- 1588 - Thomas Hobbes, filósofo inglés (m. 1679).
- 1827 - Joseph Lister, médico inglés. Utilizou pola primeira vez a esterilización de instrumentos cirúrxicos (m. 1912).
- 1836 - Luís Rodríguez Seoane, médico e político galego (m. 1902).
- 1882 - Ramón Rey Baltar, escritor e xornalista padronés (m. 1969).
- 1896 - Xosé Ramón Fernández-Oxea, escritor e xornalista nado en Ourense.
- 1900 - Spencer Tracy, actor estadounidense (m. 1967).
- 1908 - Bette Davis, actriz estadounidense (m. 1989).
- 1909 - Jesús Vázquez Gayoso, avogado e político galego (m. 1970).
- 1916 - Gregory Peck, actor estadounidense (m. 2003).
- 1923 - Xosé Conde Corbal, pintor e gravador galego (m. 1999).
- 1923 - Nguyen Van Thieu, presidente de Vietnam do Sur (m. 2001).
- 1936 - Xoán Bernárdez Vilar, escritor, historiador e ensaísta marinense.
- 1937 - Colin Powell, xeneral estadounidense.
- 1942 - Peter Greenaway, director de cine británico.
- 1946 - Xabier P. DoCampo, escritor e actor rabadense.
- 1947 - Gloria Macapagal-Arroyo, presidente de Filipinas
- 1950 - Agnetha Fältskog, compoñente do grupo sueco ABBA.
- 1955 - Antolín Sánchez Presedo, político betanceiro, deputado no Parlamento Europeo.
- 1968 - Cristina Sánchez-Andrade, escritora galega en lingua castelá
- 1971 - Olga Iglesias, veterinaria e política galega.
- 1975 - Marcos Vales, exfutbolista coruñés.
Mortes
- 1875 - Fernando Blanco de Lema, filántropo ceense (n. 1796).
- 1897 - Francisco María de la Iglesia, xornalista e escritor galego (n. 1827).
- 1931 - Fernando Soldevilla, escritor e político español (n. 1854).
- 1964 - Douglas MacArthur, militar estadounidense (n. 1880).
- 1965 - Antonio Pérez García, músico e político galego (n. 1899).
- 1967 - Hermann Joseph Muller, xeneticista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n.1890).
- 1975 - Chiang Kai-shek, líder militar e político chinés (n. 1887).
- 1979 - Luís Seoane, editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego (n. 1910).
- 1981 - Carlos Montenegro Rodríguez, escritor galego (n. 1900).
- 1994 - Kurt Cobain, roqueiro, Nirvana (n. 1967).
- 1997 - Allen Ginsberg, poeta estadounidense (n. 1926).
- 2005 - Saul Bellow, Nobel de Literatura en 1976 (n. 1915).
- 2008 - Charlton Heston, actor de cinema estadounidense (n. 1924).
- 2013 - Bigas Luna, director de cinema catalán (n. 1946).
Festas e celebracións
Outros
- Santoral: Santos: Vicente Ferrer, presbítero; Claudiano, Alberte de Montecorvino, confesores; Zenón, Dídimo, mártires; Catalina Tomás, Xuliana de Cornillón, virxes; Xerardo, abade.
Os 366 días do ano
|
|