28 de novembro
O 28 de novembro é o 332º día do ano do calendario gregoriano e o 333º nos anos bisestos . Quedan 33 días para acabar o ano.
Acontecementos
1811 - na sala de concertos Gewandhaus , en Leipzig (Alemaña) estréase o Concerto para piano n.º 5 en mi bemol maior, Op. 73 , de Ludwig van Beethoven .
1838 - Promulgación da primeira Lei de educación española coñecida como Lei de Instrución Primaria.
1912 - Albania declárase independente do Imperio Otomán .
1922 - Son asasinados por manifestarse en solidariedade cun veciño ao que lle ían embargar as terras ao negarse a pagar o foro, Xoaquín Estévez Besada da aldea de Soutelo e Venancio González Romero da aldea de Budiño, no concello de Salceda de Caselas , e a labrega Cándida Rodríguez do concello de Tui .
1943 - Conferencia de Teherán, na segunda guerra mundial : Winston Churchill , Franklin Delano Roosevelt e Iosif Stalin encontranse en Teherán , Irán , para discutir estratexias de guerra.
1960 - Mauritania tórnase independente de Francia .
Nacementos
Friedrich Engels.
1757 - William Blake , poeta e pintor inglés.
1820 - Friedrich Engels , autor do Manifesto Comunista xunto a Karl Marx (m. 1895 ).
1857 - Afonso XII , rei de España (m. 1885).
1881 - Stefan Zweig , escritor austríaco (m. 1942).
1887 - Ernst Röhm , militar e político alemán (m. 1934).
1907 - Alberto Moravia , escritor e xornalista italiano (m. 1990).
1908 - Claude Lévi-Strauss , antropólogo francés .
1912 - Eugenio Granell , pintor galego.
1928 - Xesús Alonso Montero , escritor galego.
1934 - José María García Leira , político galego.
1957 - Gaspar Llamazares , político español.
1961 - Alfonso Cuarón , director de cinema mexicano.
1969 - Eduardo Estévez , escritor galego.
Mortes
Mary Somerville.
1290 - Leonor de Castela , raíña consorte de Inglaterra (n. 1241).
1680 - Gian Lorenzo Bernini , escultor e arquitecto italiano (n. 1598).
1849 - Evaristo Pérez de Castro Colomera , político español (n. 1778)
1870 - Frédéric Bazille , pintor impresionista francés (n. 1841).
1872 - Mary Somerville , matemática escocesa .
1936 - Pedro Muñoz Seca , escritor e dramaturgo español, fusilado polo bando republicano na Guerra civil española .
1940 - Manuel Insua Santos , camiñante galego (n. 1850).
1945 - Melchor Méndez Magariños , pintor e gravadista galego-uruguaio (n. 1885).
1954 - Enrico Fermi , físico italiano.
2015 - Xosé Chao Rego , escritor e teólogo galego (n. 1932).
2015 - José María Mendiluce , escritor e político español (n. 1951).
Festas e celebracións
Outros
Santoral: San Tiago de Marca.
Os 366 días do ano