1960
1960 (MCMLX) foi un ano bisesto comezado en venres segundo o calendario gregoriano.
Tamén se lle coñece como o "ano de África" por mor de acontecementos, en particular a independencia de dezasete nacións africanas, que centraron a atención mundial no continente e intensificaron os sentimentos de panafricanismo.
Acontecementos
- 1 de xaneiro, Cuba, a revolución socialista nacionaliza a United Fruit Company.
- 1 de xaneiro, Benín independízase de Francia.
- 1 de xaneiro, Camerún independízase de Francia.
- 4 de xaneiro, Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Dinamarca, Suíza, Austria e Portugal firman en Londres o tratado fundacional da Comunidade Europea de Libre Cambio (EFTA).
- 16 de agosto, Chipre independízase do Reino Unido.
Nacementos
- 3 de xaneiro - Joan Chen, actriz e directora chinesa.
- 4 de xaneiro - Michael Stipe, cantante de R.E.M..
- 10 de xaneiro - Brian Cowen, primeiro ministro da Irlanda.
- 31 de xaneiro - Željko Šturanović, primeiro ministro de Montenegro.
- 8 de febreiro - Alfred Gusenbauer, primeiro ministro de Austria.
- 7 de marzo - Ivan Lendl, tenista checo.
- 21 de marzo - Ayrton Senna, piloto brasileiro de Fórmula 1 (m. 1994).
- 28 de abril - Ian Rankin, escritor e guionista de banda deseñada escocés.
- 30 de abril - Vicente Álvarez Núñez, futbolista galego.
- 7 de maio - Almudena Grandes, escritora española (m. 2021).
- 10 de maio - Paul David Hewson máis coñecido como Bono, cantante do grupo de rock U2.
- 18 de maio - Yannick Noah, tenista francés.
- 4 de agosto - José Luis Rodríguez Zapatero, político español.
- 10 de agosto - Antonio Banderas, actor español.
- 10 de setembro - Colin Firth, actor inglés.
- 6 de outubro - Yves Leterme, primeiro ministro de Bélxica.
- 30 de outubro - Diego Armando Maradona, xogador de fútbol arxentino.
- 20 de decembro - Kim Ki-duk, director de cine coreano.
- 21 de decembro - Anxo Quintela González, escritor e xornalista galego.
- Bob Keen - cineasta británico, especializado en cine de terror.
Mortes
- 4 de xaneiro - Albert Camus, escritor e filósofo francés.
- 7 de xaneiro - Constantino Sánchez Mosquera, médico, xornalista e escritor galego.
- 10 de xaneiro - Xohán Casal, escritor galego (n. 1935).
- 6 de febreiro - Manuel Serafín Fandiño, sindicalista e xornalista galego.
- 11 de febreiro - José Cao Moure, editor e escritor galego (n. 1880).
- 29 de febreiro - Prudencio Rovira Pita, político e xornalista galego (n. 1870).
- 22 de marzo - José Antonio Aguirre, primeiro lehendakari de Euskadi.
- 27 de marzo - Gregorio Marañón, médico e escritor español.
- 24 de abril - Max von Laue, físico alemán, premio Nobel de Física en 1914 (n. 1879).
- 5 de maio - José Almoina, escritor e político galego (n. 1903).
- 13 de maio - Germán Vidal Barreiro, avogado e político galego (n. 1892).
- 31 de maio - Boris Pasternak, escritor ruso, premio Nobel de Literatura en 1958 (n. 1890).
- 7 de xuño - Cruz Gallástegui, enxeñeiro agrónomo e veterinario galego (n. 1891).
- 10 de xullo - José Pasín Romero, sindicalista galego (n. 1878).
Outros
- 16 de agosto - O capitán Joseph Kittinger das forzas aéreas dos Estados Unidos sobe até unha altura de máis de 31 quilómetros nun globo de helio, embutido nun traxe de presión, facendo fronte a temperaturas de -70 °C tirándose en caída libre que dura 4 minutos e 36 segundos alcanzando unha velocidade de 1149 km/h. Establecendo con iso as máis altas marcas de ascenso en globo, salto máis alto en paracaídas, caída libre máis larga e o de maior velocidade alcanzada por un home na atmosfera, converténdose ademais no primeiro home que alcanza a velocidade do son sen ir en avión.
Véxase tamén
|
|