Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Secundino Couto Solla

Modelo:BiografíaSecundino Couto Solla
Biografía
Nacemento12 de abril de 1873 Editar o valor en Wikidata
Condesa, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Canedo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Canedo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro, político Editar o valor en Wikidata

Secundino Couto Solla, nado en Condesa (Mourente, Pontevedra) o 12 de abril de 1873 e finado en Canedo (Ourense) o 17 de setembro de 1960, foi un canteiro e político galego.

Traxectoria

Canteiro e despois contratista de obras. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Ourense, da que foi secretario en 1899 e despois presidente ata 1904. Presidiu o Centro Obrero de Orense ata 1904. En 1906 foi delegado pola AS de Orense e presidiu o II Congreso de Agrupacións Socialistas de Galicia, celebrado en Ourense. Dende 1909 foi mestre de obras e industrial, dedicándose á actividade empresarial en Canedo.

A finais da ditadura de Primo de Rivera incorporouse á Federación Republicana de Ourense e despois ao Partido Republicano Radical Socialista, sendo elixido alcalde de Canedo o 31 de maio de 1931, logo da repetición das eleccións municipais. En 1932 ingresou na Masonería. Foi presidente do Comité Executivo provincial de Ourense do PRRS. En abril de 1936 foi nomeado presidenta da nova sociedade Artística de Costumes d'Aldea de Canedo.[1] En 1936 adquiriu a fábrica de produtos de portland Galicia Industrial da Rúa.[2]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pasando polas prisións de Ourense e Celanova. Foi condenado ao pago dunha multa económica polo Tribunal de Responsabilidades Políticas e a 12 anos de reclusión e inhabilitación absoluta, conmutada por 3 anos na mesma sentenza, polo Tribunal Especial de Represión da Masonería e o Comunismo o 14 de decembro de 1953.

Vida persoal

Casou con María Domínguez Polin e foi pai de Luis[3] e Justo Couto Domínguez.[4]

Recoñecementos

Unha rúa de Ourense leva o seu nome.

Notas

  1. El Pueblo Gallego, 10-4-1936, p. 11.
  2. El Pueblo Gallego, 4-6-1936, p. 22.
  3. Mi padre Luis Couto Dominguez
  4. La tarde de gloria fué un 19 de julio

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya