Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

A&M Records

A&M Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1962
Data de disolución1999
Fundador(es)Herb Alpert e Jerry Moss
Nomeado en referencia aHerb Alpert e Jerry Moss
Organización matrizUniversal Music Group
SedeOs Ánxeles
PaísEstados Unidos de América
editar datos en Wikidata ]

A&M Records é un selo discográfico estadounidense formado en 1962 por Herb Alpert e Jerry Moss. É propiedade do Universal Music Group e opera baixo a súa división Interscope-Geffen-A&M.

Historia

Inicios

A&M Records creárona en 1962 Herb Alpert e Jerry Moss. O primeiro nome que elixiron foi Carnival Records, baixo o cal publicaron dous sinxelos, pero descubriron que outro selo collera ese nome primeiro. Polo tanto cambiaron para A&M Record, collendo as iniciais dos seus apelidos. Dende 1966 ata 1999 a sede da compañía estivo en terreos dos históricos Charlie Chaplin Studios preto de Sunset Boulevard, en Hollywood.

Durante os anos 60 e 70, A&M traballou con artistas como Herb Alpert & the Tijuana Brass, Baja Marimba Band, Burt Bacharach, Sérgio Mendes & Brasil ’66, We Five, The Carpenters, Chris Montez, Elkie Brooks, Lee Michaels, The Captain and Tennille, Quincy Jones, Stealers Wheel, Marc Benno, Liza Minnelli, Rita Coolidge, Wes Montgomery, Paul Desmond, Cat Stevens, Toni Basil e Paul Williams. Os músicos de folk Joan Baez, Phil Ochs, Laramy Smith e Gene Clark tamén gravaron para o selo durante a década dos 70. Billy Preston uniríase a A&M en 1971, seguido por Andre Popp e Herb Ohta en 1973.

A finais dos 60, por medio de contratos directos e acordos de licenza, A&M fíxose con varios artistas británicos, como Cat Stevens, Joe Cocker, Procol Harum, Humble Pie, Fairport Convention, Free, The Move e Spooky Tooth. Nos 70, baixo o seu acordo de fabricación e distribución con Ode Records, A&M lanzou álbums de Carole King, Hummingbird e o dúo de humoristas Cheech & Chong. Outros notables artistas desa década eran Nazareth, Y&T, the Tubes, Styx, Supertramp, Rick Wakeman, the Ozark Mountain Daredevils, Chuck Mangione, Squeeze e Peter Frampton. O 10 de marzo de 1977 A&M asinou cos Sex Pistols despois de que a banda fose despedida de EMI. Porén, tamén os despediu despois dunha semana. A&M apoiou o seu éxito nos anos 80 con artistas como Henry Badowski, Janet Jackson, The Police, Sting, The Brothers Johnson, Falco, Atlantic Starr, The Go-Go's, Chris De Burgh, Bryan Adams, Suzanne Vega, Brenda Russell, Jeffrey Osborne, Oingo Boingo, Human League, Ozark Mountain Daredevils, Sharon, Lois & Bram, Annabel Lamb, Jim Diamond, Vital Signs, Joe Jackson e a banda escocesa Gun.

Despois dunha década dende a súa creación, A&M convertérase na maior discográfica independente do mundo. As súas edicións foron inicialmente publicadas no Reino Unido a través do selo Stateside Records de EMI, e posteriormente baixo o seu propio nome por Pye Records ata 1967. As súas publicacións tamén foron distribuídas en Australia por Festival Records ata 1989. A&M Records Ltd. foi fundada en 1970, coa distribución a cargo doutros selos con presenza en Europa. A&M Records of Canada Ltd. creouse en 1970, e A&M Records of Europe en 1977. No ano 1979, A&M chegou a un acordo de distribución con RCA Records (que posteriormente se convertería en BMG) nos Estados Unidos, e con CBS Records (que máis tarde sería Sony Music Entertainment e acabaría sendo absorbida por BMG) en varios países.

Co paso dos anos, A&M crearía subselos especializados: Almo International para middle of the road; Omen Records (1964–1966) para soul; Horizon Records (1974–1978) para jazz; AyM Discos para música latina; Vendetta Records (1988–1990 para música dance); e Tuff Break Records (1993–1995) para hip hop.

Anos con PolyGram

A&M foi mercada por PolyGram en 1989 e Alpert e Moss continuaron dirixindo o selo ata 1993. A venda a PolyGram contaba cunha cláusula estipulaba que Alpert e Moss podían controlar a imaxe do selo ata o ano 2009, pero en 1998 demandaron a PolyGram por romper a integridade da mesma.

En 1991, A&M creou Perspective Records, que contaba co equipo de produtores formado por Jimmy Jam e Terry Lewis. Jam e Lewis deixaron a súa dirección en 1997, pero permaneceron como asesores. En 1999 o selo foi absorbido por A&M. A mediados dos 90 A&M comezou a distribuír á súa etiqueta irmá Polydor Records, pertencente tamén a PolyGram, nos Estados Unidos.

Durante a década dos 90 a compañía continuou lanzando álbums de Soundgarden, Extreme, Amy Grant, John Hiatt, Sting, Blues Traveler, Barry White e Aaron Neville, ademais de material de novos artistas como Sheryl Crow, Therapy?, CeCe Peniston e The Gin Blossoms. O selo publicou tamén as bandas sonoras das películas Robin Hood: Prince of Thieves, The Three Musketeers, Sabrina, The Living Sea, Demolition Man e Lethal Weapon 3.

Universal Music Group

En 1998, PolyGram foi mercada por Seagram e fusionada coa súa familia MCA Records para crear Universal Music. A&M foi polo tanto incluída no novo grupo de etiquetas Interscope-Geffen-A&M que creou Universal Music Group. A súa división canadense foi absorbida por Universal Music Canada.

A sede de A&M en La Brea Avenue foi pechado en xaneiro de 1999. Durante o acto de despedida, o persoal da empresa colocou un lazo negro sobre o cartel de A&M na entrada principal, indicando a morte da compañía. A meirande parte dos traballadores, moitos dos cales levaban máis dunha década, foron despedidos, mentres que moitos artistas deixaron o selo. Alpert e Moss demandaron a Universal Music Group no ano 2000, afirmando que este violara un acordo contractual que indicaba que A&M Records podería conservar a súa cultura corporativa.

Os álbums do catálogo de A&M que non encaixaban no actual formato de música pop foron trasferidos a outras divisións de Universal.

En febreiro do 2007, Interscope-Geffen-A&M asociouse con Octone Records para relanzar a etiqueta A&M, agora liderada por James Diener e chamada A&M/Octone Records, estando a súa distribución en todo o mundo en mans do Universal Music Group.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya