Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

EMI

EMI
Logo
Tiponegocio, empresa privada, editora discográfica, holding e selo discográfico
Data de fundación31 de marzo de 1931, 1931, 29 de marzo de 1928 e 1 de xaneiro de 1973
Data de disolución2012
Nº de empregados15.000 Editar o valor en Wikidata
Organización matrizUniversal Music Group, Sony (United Kingdom) e Warner Music Group
Organización subsidiariaToshiba EMI Ltd., EMI Music Japan Inc., Poko Rekords, Chrysalis Records Ltd., Pathé Marconi EMI, EMI Records, Carl Lindström A.G. e Norske Gram
SedeLondres
PaísReino Unido e Estados Unidos de América
Na rede
http://www.universalmusic.com/label/emi/
Youtube: UC2kTZB_yeYgdAg4wP2tEryA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

EMI Group Ltd. (siglas de Electric and Musical Industries, tamén coñecida como EMI Records Ltd. ou simplemente EMI) foi unha compañía discográfica multinacional que incluía ao selo EMI Music, con sede en Brook Green, no distrito londiniense de Hammersmith e Fulham, e a EMI Music Publishing, con sede en Charing Cross Road, tamén na cidade de Londres. EMI Music foi un dos catro grandes selos discográficos do mundo e EMI Music Publishing foi o maior produtor musical do mundo.

Historia

Fundouse en 1931 pola incorporación da Columbia Gramophone Company e Gramophone Company. En 1957, para repor as perdas dos seus negocios licenciados coa RCA Victor e Columbia Records, ao final, a "Columbia EUA" rompera os acordos coa EMI desde 1951, a EMI entrou no mercado americano adquirindo o 96% das accións da Capitol Records.

Durante as décadas de 1950, 1960 e 1970, a gravadora EMI obtivo un grande éxito no campo da música popular a través das súas marcas subsidiarias, tales como: Parlophone, HMV, Columbia Records da Australia, Capitol Records e EMI-Odeon, Virgin Records , Apple Records e Copacabana Records. Iso fixo da EMI unha das discográficas mais coñecidas en todo o mundo, cunha lista dalgúns dos artistas mais famosos nas súas respectivas épocas.

En marzo de 2006 a "EMI Group" entrou en negociacións para a compra da Warner Music Group -este movemento no mercado fonográfico poderia reducir os 4 "xigantes" do ramo para 3 -mais de acordo coa páxina web da Warner, a proposta foi rexeitada. Entón, a Warner volveu á mesa de negociacións ofrecendo a compra da EMI, que rexeitou a proposta. Representantes de ambos os lados continúan mantendo encontros e decidindo quen compra quen.

Contratados

A EMI Music tiña contratados a artistas como:

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya