Alba Cid Fernández, nada en Ourense o 10 de marzo de 1989,[1] é unha poeta galega.[2]
Traxectoria
Estudou Filoloxía Galega, Filoloxía Portuguesa e Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela,[3] onde realiza a súa tese doutoral e exerceu docencia.[4] No curso 2020-2021 foi profesora no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, en 2022 aprobou a oposición de profesora de ensino secundario na materia de Lingua Galega e Literatura.
Foi recoñecida desde moi nova en diversos galardóns literarios[5]. O seu labor investigador céntrase na teoría poética e a literatura galega, enfocando especialmente a tematización da autoría, a enunciación, a hibridación xenérica e a fragmentación na poesía contemporánea.[6]
Publicou textos en diversos libros colectivos, como Poética da casa (2006), 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015) ou Librosconversos (2016), e nas revistas Dorna[7] (de cuxo Consello de Redacción forma parte), Raigame, Algália, Grial e Luzes[8].[9]
Mantivo diversos espazos na rede, coma o caderno de viaxe paxaros que foron príncipes otomanos [10] ou a súa conta de Instagram, ademais de colaborar en diversas publicacións dixitais, coma Noir Magazine[11].
Obra
Obras colectivas
Coedicións
- Trans-fronteiras Express: Reflexións teórico-críticas sobre hibridación e emerxencia cultural e literaria (2013). Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
- La poesía actual en el espacio público (2015). Orbis Tertius.
- A faia de Ponto. Le roi de la Galice (2022). Acentral Folque. Con Estevo Creus (textos) e Maria João Worm (deseños). A plaquette revisa o texto medieval francés 'Ponthus et la belle Sidonie'.[13][14]
Premios
- 43 Concurso Nacional de Redacción Coca Cola (2003).
- Rosalía de Castro de Cornellà (2006, 2008).
- Minerva (2007).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas