Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Ana García Lozano

Modelo:BiografíaAna García Lozano
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión, locutora de radio, xornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisBaldomero García Escobar Editar o valor en Wikidata  e Maruja Lozano Editar o valor en Wikidata
ParentesManolo Escobar, tío paterno
Salvador García Escobar, tío paterno
Juan Gabriel García Escobar, tío paterno
Vanessa García Marx, curmá entregue
José María García Escobar, tío paterno Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1411021 Editar o valor en Wikidata

Ana García Lozano, nada en Valencia o 23 de setembro de 1963, é unha xornalista e presentadora española.

Traxectoria

É sobriña do coñecido cantante Manolo Escobar, filla dun dos seus tres irmáns que acompañaban ao famoso cantante coa guitarra.

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, comeza a súa actividade profesional no mundo da radio. O seu primeiro traballo foi en Radio España, onde desde 1982 prestou servizo como produtora de programas. Tras obter a súa Licenciatura, intégrase na Cadena COPE en 1986, traballando tanto ante os micrófonos en programas musicais como en labores de produción.

Coa chegada das televisións privadas, cambia de medio e en 1990 é contratada por Telecinco para realizar tarefas de coordinación dos programas VIP Noche e VIP Guay, que presentaba Emilio Aragón. As boas relacións profesionais con Aragón lévanlle a ser contratada pola produtora deste, Globomedia, e continuar traballando na coordinación dos programas que o showman conduciu en Antena 3 entre 1992 e 1994: Noche, noche e El Gran Juego de la Oca.

En 1994 ponse por primeira vez diante dunha cámara para conducir o espazo El programa de Ana, en Telemadrid. Tratábase dun formato novo en España, aínda que dabondo coñecido noutras latitudes, especialmente en países anglosaxóns: o talk show ou programa de testemuños, no que persoas anónimas achéganse ao estudo para narrar as súas experiencias vitais. O programa alcanza un grande éxito de audiencia e emítese durante dúas tempadas, marcando ademais a pauta a outros moitos espazos posteriores, de moi similares características, noutras cadeas. A cadea autonómica contrataría entón a Gemma Nierga para presentar un programa case idéntico.

Tal foi o éxito, que a xornalista é contratada por unha cadea nacional, Telecinco, para repetir o formato no programa que simplemente adopta o seu nome no título: Ana e que se prolonga tres tempadas máis, ata 1999. O verán dese ano presentou tamén en Telecinco o magazine ¡Que punto!.

En 2001 é contratada por Televisión Española para facerse cargo do programa de debate Ésta es mi historia, que se emite ata 2004. Un ano despois, tamén na cadea pública conduce o reality show de intercambio de identidades Préstame tu vida. Doutra banda, en novembro de 2004 foi contratada por Punto Radio para facerse cargo da programación dominical. Nesa emisora dirixe o programa Ana en Punto Radio.

Posteriormente presenta en 2006 en Cuatro, de novo un espazo reality titulado La casa de cristal. O 1 de setembro de 2008 ponse á fronte de Queremos hablar nas tardes de luns a venres, continuando en Punto Radio.

Galardoada co Premio Antena de Ouro 2006 de Radio, estivo igualmente nomeada ao Premio TP de Ouro como Mellor presentadora por Ana nos anos 1996, 1997 e 1998.[1]

Entre o 4 de marzo e o 14 de xuño de 2013, a xornalista presentou o talk show Tenemos que hablar en La 1 de Televisión Española. A cancelación deste programa tras só 3 meses en antena foi anunciado polo responsable de RTVE, Leopoldo González Echenique, na súa comparecencia ante o Congreso dos Deputados cando afirmou que "non está dando os resultados que esperabamos". Non transcendeu se a xornalista puido percibir unha indemnización millonaria trala súa destitución.[2]

Notas

  1. Teleprograma. "Premiados con los TP de oro" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  2. "Nuevo "talk show" presentado por Ana García Lozano en La 1" (en castelán). Vertele. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
Kembali kehalaman sebelumnya