Na súa parte meridional únese e é fronteira natural entre Chile e a Arxentina. Na parte central divídese en dous cordóns, Cordilleira Occidental e Cordilleira Oriental, formando entre os dous cordóns unha meseta de grande altitude, chamada Altiplano. Esta separación continua ata Colombia onde antes de chegar ó mar Caribe divídese en tres cordóns.
Descrición física
A formación dos Andes data do período Terciario. A acción continua das forzas tectónicas o largo de zona de subducción entre as placas de Nazca e a Suramericana son as causantes da formación desta cordilleira, este fenómeno ocorre a través dos bordos converxentes. Esta actividade modificou a súa morfoloxía e composición, por efecto dos afundimentos e levantamentos da codia. Esta acción da como resultado que a zona sexa de grande actividade sísmica e volcánica. Así podemos destacar volcáns da zona como o Cotopaxi e Chimborazo en Ecuador, e Ojos del Salado en Chile. Os Andes poden ser divididos en tres seccións: Andes Setentrionais, Andes Centrais e Andes Meridionais.
Andes Setentrionais
Os Andes Setentrionais comezan en Venezuela, na cordilleira de Meriada, que chega a alcanzar os 5000 metros nalgúns puntos. Esta únese a cordilleira Oriental de Colombia constituíndo unha cadea montañosa paralela coa cordilleira Central e esta coa cordilleira Occidental. Entre elas constitúense o Valle del Cauca entre as cordilleiras Occidental e Central, e o Val do Magdalena entre a Central e o Oriental.
A cordilleira Occidental é polo xeral dunha altura menor. A Central é moito máis elevada con cumios de máis de 5000 metros. Pola su parte a Oriental e máis fragmentaria e contén numerosas cristas e mesetas altas, onde nunha delas está situada Bogotá. A cordilleira Central e a Oriental o chegar o Ecuador únense formando unha soa cordilleira. A partir de aquí só hai que distinguir a cordilleira Occidental e a cordilleira Oriental
Andes Centrais
Na altura do Perú as dúas cordilleiras que en Ecuador non tiñan máis que unha separación de 60 km chegan a alcanzar unha distancia entre si de ata 700 km, formando altas mesetas moldeadas pola erosión, nas que poden haber lagos, como é o caso do lago Titicaca. Neste sector dos Andes a cordilleira Oriental é aínda a máis alta de media. Pola contra a cordilleira occidental é unha das cadeas montañosas máis volcánicas do mundo.
A medida que os Andes vanse aproximando a Chile e a Arxentina a separación entre as dúas cordilleiras vaise diminuíndo ata chegar a desaparecer e formar un só bloque.
Andes Meridionais
Caracterízase pola progresiva desaparición ao sur, chegando a diminuír a súa altitude ata os 3000 metros. Hai que destacar a zona norte de Chile e a Arxentina onde se sitúan picos dunha grande altitude como é o caso do Aconcagua. Segundo se vai cara ao sur é característico o labor de erosión levado a cabo polos glaciares, moldeando a montaña.
↑ 2,02,12,2Turrel, Marc, y Jorge Velasco (18 de maio de 2007). "Ojos del Salado, el volcán más alto del mundo". Desnivel.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. Consultado o 20 de xullo de 2008. El volcán Ojos del Salado [...] obtuvo una altura elipsoidal de 6.934,115 metros y una altitud sobre el nivel medio del mar de 6.891,31