Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Andrés Díaz de Rábago

Modelo:BiografíaAndrés Díaz de Rábago

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1917 Editar o valor en Wikidata
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xuño de 2022 Editar o valor en Wikidata (104 anos)
Taiwán Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmisioneiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor en Wikidata

Andrés Díaz de Rábago Pérez, nado na Pobra do Caramiñal o 3 de outubro de 1917 e finado en Xinzhuang (Nova Taipei, Taiwán) o 15 de xuño de 2022, foi un médico, frade xesuíta e misioneiro galego.[1][2][3]

Traxectoria

Fillo dun armador e empresario da Pobra, Andrés Díaz de Rábago Aguiar, e neto de Joaquín Díaz de Rábago, estudou no colexio dos Xesuítas de Vigo e rematou o bacharelato en Portugal. En 1933 accedeu a estudar Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, pero interrompeu os estudos á chegada da Guerra Civil para participar como soldado.[4] Nos tempos de estudante en Santiago acompañou a Valle-Inclán, que era amigo e compadre do seu pai, nos seus últimos días.[5]

Loitou na Guerra no bando nacional, e a súa familia foi unha importante contribuínte económica ao soporte do exército franquista, como testemuña por exemplo El Eco de Santiago do 1 de agosto de 1936.[6] Ao remate da contenda acabou a súa licenciatura e ingresou na Compañía de Xesús (1940). A súa formación relixiosa fíxoa en Salamanca, e trasladouse a Santander para rematar a súa tese.[7]

Como misioneiro católico chegou á China en novembro de 1947, logo de facer escala en Filipinas.[2] Na China estudou teoloxía e traballou nas cidades de Xanghai e Beixín. Na primeira das cidades ordenouse como sacerdote católico en 1952. Coa vitoria do comunismo logo da Guerra Civil Chinesa, Díaz marchou ás Filipinas, onde se estableceu en Manila. Alí continuou a súa formación, ata doutorarse en Teoloxía.

Despois marchou ao Timor Leste, daquela unha colonia portuguesa, onde deu clase a Ximenes Belo e a Xanana Gusmão. De alí finalmente, en 1969, foi para Taiwán, onde traballou como misioneiro católico, como doutor e como profesor de Latín na Universidade Nacional de Taiwán. Continuou activo como relixioso ata superados os cen anos.

Recoñecementos

Vida persoal

Foi curmán de Carmela Arias Díaz de Rábago, empresaria.

Notas

  1. "Díaz de Rábago, un misionero de 96 años poseedor de una fe que mueve montañas". La Opinión de A Coruña (en castelán). 18/6/2014. 
  2. 2,0 2,1 Muñoz Romeo, Héctor E. (2013). Historia de vida de Andrés Díaz de Rábago (1947-57). Universitat Oberta de Catalunya. 
  3. "Muere en Taiwán a los 105 años el padre jesuita de A Pobra Andrés Díaz de Rábago". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-06-15. Consultado o 2022-06-15. 
  4. USC (13/10/2017). "Estes días recibimos a Andrés Díaz de Rábago, licenciado en Medicina pola USC que aos seus 100 anos segue a traballar activamente en Taiwánpic.twitter.com/UbUd8EFbEA". @UniversidadeUSC. Consultado o 24/12/2018. 
  5. "Diles que no tengo suelto". La Opinión de A Coruña (en castelán). 10/7/2018. 
  6. "Suscripción popular para las fuerzas armadas". El Eco de Santiago (16514): 2. 1/8/1936. 
  7. Vilaseca, Montserrat (Novembro-decembro 2017). "Andrés Díaz de Rábago, un misionero gallego de 100 años en Taiwán". SuperGesto (132). 
  8. "Resolución do 14 de xuño de 2001 pola que se concede a Medalla de Galicia nas súas categorías de prata e bronce." Diario Oficial de Galicia.
Kembali kehalaman sebelumnya