Angelo Raffaele Sodano coñecido como Angelo Sodano,[1] nado en Isola d'Asti, Piamonte o 23 de novembro de 1927 e finado en Roma o 27 de maio de 2022 por Covid-19[2] [3] foi un cardeal católico italiano, decano do Colexio Cardeal entre 2005 e 2019 e Secretario de Estado da Santa Sé entre 1991 e 2006. Foi a primeira persoa desde 1828 que exerceu simultaneamente como decano e secretario de Estado.
Traxectoria
Foi cardeal secretario de Estado de 1991 a 2006, baixo os dous papas Xoán Paulo II e Bieito XVI. O 27 de abril de 2005, foi elixido para suceder a Bieito XVI como Decano do Colexio Cardeal polos seus compañeiros cardeais bispos. Sodano foi a primeira persoa desde 1828 en servir como Decano e Secretario de Estado ao mesmo tempo.
O 22 de xuño de 2006, Bieito XVI aceptou a dimisión de Sodano como secretario de Estado o 15 de setembro de 2006. Foi substituído por Tarcisio Bertone, entón arcebispo de Xénova.
Abusos
O 21 de decembro de 2019, descubriuse que Sodano era quen dirixiu os esforzos para encubrir as denuncias de abuso cando actuaba como Secretarío de Estado.[4] [5] Sodano foi acusado de buscar un acordo para enterrar documentos que detallan os abusos. O mesmo día, o papa Francisco aceptou a renuncia de Sodano como decano do Colexio Cardeal.[6]
Distincións
Entre as honras e homenaxes recibidas está a Medalla de Ouro de Galicia en 1999, outorgada pola presidencia da Xunta.[7]
Pasamento
Sodano morreu de COVID-19 o 27 de maio de 2022 nun hospital de Roma, Italia, aos 94 anos [8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1984–1999 | |
---|
2000-2019 |
- Manuel Cordo Boullosa† (2000)
- Caixa Galicia, Gustavo Noboa, Francisco Fernández del Riego e Eugenio Granell (2001)
- Deportivo da Coruña (2002)
- Loyola de Palacio, Francisco Álvarez-Cascos e José Luis Meilán Gil (2003)
- Asociación de Víctimas del Terrorismo, Rodolfo Martín Villa, Alfonso Castro Beiras, Faro de Vigo e El Correo Gallego (2004)
- Real Coro Toxos e Froles, Santiago Rey Fernández-Latorre, Agustín Sixto Seco† (2005)
- Real Academia Galega (2006)
- Isaac Díaz Pardo (2007)
- Editorial Galaxia (2008)
- Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe, Manuel Fraga e Emilio Pérez Touriño (2009)
- Cabido da Catedral de Santiago de Compostela e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe (2010)
- Instituto da Lingua Galega e Ángel Carracedo (2011)
- Javier López López, Rodrigo Maseda Lozano, José Antonio Villamor Vázquez, Milladoiro e Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia (2012)
- Ceferino Díaz†, Fundación Penzol e Organización Nacional de Ciegos Españoles (2013)†
- Vítimas, voluntarios e rescatadores de Angrois (2014)
- David Cal, Xosé Neira Vilas, Manuel Sánchez Salorio e Enrique Beotas† (2015)
- Los Suaves, Basilio Losada, Manuel Gallego Jorreto e Francisco Leiro (2016)
- Miguel Ángel Blanco†, José Manuel Romay Beccaría, Aníbal Cavaco Silva e Isabel Castelo (2017)
- María Emilia Casas, Juan José González Rivas e Álvaro Rodríguez Bereijo (2018)
- Javier Fernández Fernández e Juan Vicente Herrera (2019)
|
---|
2021- | |
---|
† Outorgada a título póstumo |