Antonio Díaz Herrera, nado en Pontevedra en 1904 e finado en 1980, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
Fillo de José Díaz Sanjurjo e Emma Cristiana Herrera Herrera. Publicou poemas en Vida Gallega e colaborou na revista Nós. Fundou a revista Cristal (1932-33) con Xoán Vidal Martínez e Xosé María Álvarez Blázquez. Deu unha conferencia sobre Valle-Inclán en Radio Pontevedra en xuño de 1936.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fíxose militante de Falange.[2] Foi elixido secretario da xunta directiva do Liceo Casino de Pontevedra para 1937.[3] Marchou á Habana en abril de 1937.[4]
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-6-1936, p. 14.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-12-1936, p. 6.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 23-1-1937, p. 2.
- ↑ El Progreso, 8-4-1937, p. 3.
Véxase tamén
Ligazóns externas