Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antón (homónimos).
Antón[1][2] é un nome propiomasculinogalego. Provén do do latínAntonius, interpretado como "aquel que se enfronta aos seus adversarios" ou "inestimábel", mais de probábel orixe etrusca. En galego tamén ten a variante Antonio e os hipocorísticosAntucho, Toneco, Tonecho, Tocho, Totono, Toniño, Ton, Tono, Toño, Tucho e Chuco.[2]
En xaneiro de 2023 existían 3.066 varóns en Galicia co nome Antón, cunha media de idade de 16,3 anos,[3] e 29.867 co nome Antonio, cunha media de idade de 63,2 anos.[4]
Historia
Dende o Renacemento atribuíuselle unha orixe grega por mor da súa semellanza co substantivo "άνθος" (anthos) que significa "flor". Isto levou a pensar que a súa etimoloxía era "digno de loanza" ou "aquel que merece flores". De feito, a partir do século XVII, na lingua inglesa comeza a aparecer escrito coa grafía "th" ("Anthony" no canto de "Antony"), facendo referencia a esta suposta orixe grega. Algúns autores consideran as orixes do nome no antigo rei grego Anthonios, rei de Acaia.
O nome en Galiza
O nome documentado tradicionalmente en Galiza é Antón; xa Frei Martín Sarmiento no século XVIII falaba do prenome: Anton de Domayo. Uno de los 12 segadores. Antón de “Antonius”. Hay San Antonio de Padua y San Antonio Abad, casi mil años anterior. Este santo abad se entiende cuando uno se llama Antón. Y entre los rústicos se llama también Antón, aunque uno tenga el nombre de San Antonio de Padua.[5] En galego antigo grafábase como Anton, Antõ ou Antom, e de aí pasou ao galego moderno coma Antón/Antonio.
Varias parroquias levan o nome de Santo Antón e Santo Antonio como haxiotopónimo e, ademais, Santo Antón é o padroeiro de moitas parroquias.