Baía Edicións é unha empresa editorial galega, con sede na Coruña.
Historia
Fundada na cidade da Coruña en 1990, ten varias liñas editoriais: libro de texto, contos infantís, xogos, literatura xuvenil e de adultos, ensaio e pensamento filosófico, gastronomía, divulgación da natureza. Patrocina, xunto a Sotelo Blanco Edicións e Edicións A Nosa Terra, o selo empresarial Consorcio Editorial Galego, a través do cal distribúe os seus fondos e coedita libros de texto.
No ano 2004 puxo en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil.
No ano 2018 comezou a convocar o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.[1]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos