Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Bernhard Weisser

Modelo:BiografíaBernhard Weisser

·
Biografía
Nacemento1964
Gotinga, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Director de museo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemá
Educación Universidade de Gotinga.
Universidade de Múnic.
Q89547790Estudos de numismática antiga.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónarqueólogo clásico, numismático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGabinete Numismático de Berlín, director de museo (2014–)
Universidade Humboldt de Berlín, honorary professor (en) Traducir (2009–)
Gabinete Numismático de Berlín, conservador (1996–2014) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Compañeiro profesionalUlrike Peter Editar o valor en Wikidata
Premios
(2013): Premio da GIG.


Bernhard Weisser, nado en 1964 en Gotinga, é un numismático alemán vinculado ao Gabinete Numismático de Berlín.

Weisser é un especialista en numismática da Antigüidade, especificamente da Magna Grecia. As súas investigacións céntranse en aspectos como as moedas provinciais romanas e as cuñaxes dos Partos, así como nos achados monetarios de Priene e de Mileto.[1]

Traxectoria

Bernhard Weisser concluíu o seu ensino secundario en 1984 no instituto Max-Planck de Gotinga e a continuación iniciou os seus estudos superiores de Arqueoloxía Clásica, Prehistoria e Historia Antiga na Universidade de Gotinga, que continuou a partir de 1987 na Universidade de Múnic, onde se graduou en 1991.[2][1]

Como bolseiro, entre 1992 e 1996 ampliou estudos de posgrao na Universidade de Atenas, na Universidade de Colonia e no Instituto Arqueolóxico Alemán. En febreiro de 1996 acadou o seu doutoramento en Múnic cunha tese titulada Die kaiserzeitliche Münzprägung von Pergamon ("A cuñaxe de moeda imperial de Pérgamo").[2][1]

En abril de 1996, Weisser ingresou no Münzkabinett dos Museos Estatais de Berlín, inicialmente como axudante, desde 1999 como colaborador científico e a partir de 2003 como conservador de moeda. Aí formou parte da comisión organizadora do XII Congreso Internacional de Numismática, que tivo lugar nesa cidade en 1997. En setembro de 2014 sucedeu interinamente a Bernd Kluge, logo da xubilación deste como director do Gabinete, e foi confirmado como director o 1 de xuño de 2015.[2][1]

Durante ese tempo participou tamén en diversas escavacións arqueolóxicas, entre as que destacan as de Sorgenti della Nova, no Lacio (1985), Olimpia (1987), Pérgamo (1991-1993, 1997), Mileto (1998-2000, 2005-2006) e Priene (2005-2013, 2015).[1]

No ámbito docente, Weisser, foi profesor visitante da American Numismatic Society en 2007 e desde 2009 ocupa un posto como profesor de Arqueoloxía Clásica no Instituto Winckelmann da Universidade Humboldt de Berlín.[2][1]

Bernhard Weisser é membro da Sociedade Numismática de Berlín e membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán e, como representante do estado de Berlín, foi membro da Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña desde 2009 e presidente da institución desde febreiro de 2021.[3][4] Tamén forma parte do consello directivo do Consello Internacional de Numismática e desde 2013 preside a Sociedade Alemá da Medalla de Arte.[2]

Recoñecementos

Publicacións

Weisser publicou ducias de artigos en diversas revistas científicas e publicacións conxuntas, así como diversos traballos monográficos, algúns como autor e outros en condición de editor. Esta é unha escolma das súas monografías:[7][8]

Monografías

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Tabellarischer Lebenslauf Bernhard Weisser". Academia.edu
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Weisser, Bernhard". En Coins Weekly. 26 de outubro de 2016.
  3. "New Chairman of the Numismatic Commission of the States in the Federal Republic of Germany". Staatliche Museen zu Berlin. 26 de febreiro de 2021.
  4. "Neuer Vorstand der Numismatischen Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland". Numismatische Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland.
  5. "Bernhard Weisser erhält den CIG-Ehrenpreis". En Münzenwoche. 11 de xullo de 2013.
  6. "GIG-Ehrenpreis 2013 an Prof. Dr. Bernhard Weisser, Berlin". Deutsche Gesellschaft für Medaillenkunst e.V.
  7. "Bernhard Weisser". Deutschen Nationalbibliothek.
  8. "Weisser, Bernhard 1964- Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya