Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Herbert A. Cahn

Modelo:BiografíaHerbert Adolf Cahn
Nome orixinal(de) Herbert A. Cahn Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Herbert Adolph Cahn Editar o valor en Wikidata
28 de xaneiro de 1915
Frankfurt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 2002
Basilea
Suíza Suíza
País de nacionalidadeAlemán nacionalizado suízo.
EducaciónUniversidade de Frankfurt.
Q89547790Estudos de numismática clásica.
Actividade
Campo de traballoNumismática e arqueoloxía.
Lugar de traballo Friburgo
Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmarchante de arte, arqueólogo, erudito clásico, historiador da arte, profesor universitario, numismático, arqueólogo clásico, coleccionista de arte Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Heidelberg Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresErnst Pfuhl Editar o valor en Wikidata
Influencias en
Familia
CónxuxeMathilde Vögeli (1949). Editar o valor en Wikidata
FillosMiriam Cahn Editar o valor en Wikidata
ParentesAdolph E. Cahn, avó
Willy Schwabacher, curmán entregue
Erich B. Cahn, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1971): Medalla da RNS.
- (1973): Jeton de Vermeil (SFN).
- (1978): Premio da SHMI.
- (1983): Medalla Huntington (ANS).
- (1995): Premio Otto Paul Wenger (VSB).


Herbert Adolf Cahn, nado o 28 de xaneiro de 1915 en Frankfurt, Alemaña, e finado o 5 de abril de 2002 en Basilea, foi un numismático, arqueólogo e comerciante de moedas alemán nacionalizado suízo en 1949.[1][2][3]

Traxectoria

Como comerciante de moedas

Herbert A. Cahn procedía dunha familia de comerciantes numismáticos de Frankfurt. Xa o seu avó, Adolph Emil Cahn (1840-1918), fundara en 1874 unha compañía dedicada á venda de moedas que chegou a organizar importantes poxas públicas. Posteriormente, o seu pai, Theodor Cahn (1877-1924) e o seu tío Julius Cahn (1871-1935) pasaron a dirixir o negocio ata a primeira guerra mundial.[4][5]

Herbert A. Cahn recibiu a súa primeira educación en Frankfurt, a primaria na escola Philanthropin e a secundaria no instituto Goethe-Gymnasium, onde se graduou en 1932. Nesa época de estudante tomou contacto co mundo da numismática e comezou xa a colaborar coa empresa familiar, correu a cargo da edición de diversos catálogos de poxas e venda de moedas.[1][2] Mesmo, aos 14 anos, publicou o seu primeiro artigo, sobre un denario inédito de Septimio severo.[5][6]

No mesmo 1932, Herbert comezou os seus estudos de Arqueoloxía Clásica, Historia Antiga e Filoloxía Clásica na Universidade de Frankfurt, con profesores como Ernst Langlotz, e, logo da emigración forzada a Basilea en 1933 pola confesión xudía da súa familia, continuou os seus estudos na Universidade de Basilea, onde acadou o título de doutor en Arqueoloxía Clásica en 1940, baixo a dirección do profesor a Ernst Pfuhl, cunha tese sobre a moeda de Naxos (Die Münzen der sizilischen Stadt Naxos).[1][2][7][8]

En 1933 asociouse co seu irmán, Erich B. Cahn, para crear a compañía Münzhandlung Basel, reconvertida en 1942 en Münzen und Medaillen AG, que chegou a se converter nunha das entidades de venda de moedas máis importantes do mundo.[1][9] O negocio abranguía non só as moedas senón tamén as antigüidades e, despois de 1988, Herbert Cahn separou esta parte da compañía a unha de nova creación denominada H. A.C. Kunst der Antike, que chegou a ser tamén unha das empresas punteiras no comercio das antigüidades e dos obxectos de arte a nivel internacional.[2][10]

Como numismático académico

Paralelamente ao seu labor comercial, Herbert Cahn mantivo permanentemente a súa conexión co aspecto científico da numismática antiga e da arqueoloxía clásica. De feito, en 1965 converteuse en profesor de Numismática Antiga da Universidade de Heidelberg e en 1971 foi nomeado profesor emérito.[1] A partir de 1983 desenvolveu a súa actividade docente na Universidade de Friburgo.[2][11]

Xunto con Karl Schefold e Otto Rubensohn, participou en 1956 na fundación da Sociedade dos Amigos da Arte Antiga (Vereinigung der Freunde Antiker Kunst) e en 1960 na mostra "Obras Mestras da Arte Grega" (Meisterwerke griechischer Kunst), celebrada en Basilea. Esta exposición foi o xermolo da fundación do Antikenmuseum Basel, na mesma cidade, que abriu as súas portas en 1966. De 1970 a 1986 foi membro do consello de dirección da Sociedade Suíza de Numismática (Schweizerische Numismatische Gesellschaft). Entre 1949 e 1964 foi redactor de Schweizer Münzblätter e, de 1981 a 1987, de Schweizerische Numismatische Rundschau.[1][2][12]

O seu principal foco de atención foi a numismática grega; os seus traballos sobre as moedas de Naxos e Cnido seguen a ser obras de referencia.[2] Tamén é autor de publicacións noutras moitas áreas da numismática antiga, así como sobre vasos gregos e sobre outros aspectos da arte da Antigüidade. De xeito privado, Herbert Cahn coleccionou fragmentos de vasillas antigas e reuniu unha das coleccións máis grandes e importantes do mundo, que ofrece unha visión xeral da cerámica antiga.[13]

Cahn foi un dos fundadores da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais en 1951 e tamén formou parte da Comisión Internacional de Numismática, de cuxo boletín foi o primeiro editor, en 1980.[14]

Vida familiar

En 1949, Herbert Cahn adquiriu a nacionalidade suíza e casou con Mathilde Vögeli.[1][2] A súa filla, Miriam Cahn, nada no mesmo 1949, é unha recoñecida artista visual;[15] o seu fillo, Jean-David Cahn, nado en 1961, continúa a tradición do seu pai traballando como anticuario en Basilea.[16]

Recoñecementos

En 1985, co gallo do seu septuaxésimo aniversario, Herbert Cahn Foi obxecto da publicación dun libro de homenaxe publicado polo Círculo Numismático de Basilea.[17]

Premios

Publicacións

Herbert Cahn foi autor de numerosos artigos publicados en revistas numismáticas e arqueolóxicas da súa época, e tamén dalgúns traballos monográficos. Velaquí unha escolma das súas monografías máis salientables:[23][24][25][26][27][28][29]

  • (1944). Die Münzen der sizilischen Stadt Naxos. Ein Beitrag zur Kunstgeschichte des griechischen Westens. Birkhäuser, Basilea.
  • (1945). Frühhellenistische Münzkunst. Amerbach, Basilea.
  • (1947). Griechische Münzen archaischer Zeit. Amerbach, Basilea.
  • (1970). Knidos. Die Münzen des 6. und des 5. Jahrhunderts vor Christus. de Gruyter, Berlín.
  • (1975). Kleine Schriften zur Münzkunde und Archäologie. Archäologischer Verlag, Basilea.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "HerbertCahn". En Dictionaire Historique de la Suisse.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Cahn, Herbert". En Dictionary of Art Historians.
  3. Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine..
  4. "150 Jahre CAHN - die Firmengeschichte von 1863-2013".
  5. 5,0 5,1 Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 119.
  6. Cahn, H. A. (1929). "Ein unedierter Denar des Septimius Severus auf die Saecularfeier 204 n. Chr.". En Mitteilungen für Münzsammler. 6/70. Frankfurt. Páxinas 353-354.
  7. Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 121.
  8. A súa tese de doutoramento foi publicada en 1944 (véxase "Publicacións").
  9. Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 120.
  10. Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxinas 122-123.
  11. Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 123.
  12. Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxinas 122 e 124.
  13. Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxina 124.
  14. Boehringer, C. (2002) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Páxinas 125-126.
  15. Sitio web de Miriam Cahn.
  16. "Von Münzen zu Kunst aus der Antike[Ligazón morta]". En Basler Zeitung. 7 de novembro de 2013. Páxina 16.
  17. Schärli, B.; Voegtli, H. (red.) (1985).
  18. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  19. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
  20. "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28. 
  21. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  22. "Otto Paul Wenger-Preis". En Numis Post.
  23. "Cahn, Herbert A.". WorldCat.
  24. "Cahn, Herbert Adolph 1915-2002 Arquivado 09 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  25. "Herbert A. Cahn (1915-2002). Bibliographie". Coingallery.de
  26. "Bibliographie Herbert A. Cahn, 1975-1984". En Antike Kunst. 28 (1985). Páxinas 5-6.
  27. "Bibliographie Herbert A. Cahn, 1985-1995". En Antike Kunst. 38 (1995). Páxinas 66-67.
  28. Biucchi, C. (1975). "Schriftenverzeichnis Herbert A. Cahn 1929-1974". En Cahn, H. A. Kleine Schriften zur Münzkunde und Archäologie. Archäologischer Verlag, Basilea. Páxinas 8-14.
  29. Voegtli, H. (1985). "Bibliographie Herbert A. Cahn". En Schärli, B.; Voegtli, H. (red.) (1985). Páxinas XIII-XV.

Véxase tamén

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya