Colin Mackennal Kraay, nado en Hampstead, Londres, o 23 de marzo de 1918, e finado en Oxford, o 27 de xaneiro de 1982, foi un numismático británico.[1]
Traxectoria
Kraay, logo da súa educación secundaria no Lancing College, en West Sussex, cursou os seus estudos universitarios de Ciencias da Antigüidade a partir de 1937 no Magdalen College, da Universidade de Oxford. Logo de acadar o primeiro grao en 1939, colaborou con Alan Wace nas escavacións de Micenas. [1]
O seu período de formación interrompeuse pola II guerra mundial, na que tivo que participar nas forzas armadas do Norte de África e en Italia. Acabada a guerra, entre 1946 e 1947 puido retomar os seus estudos en Oxford, onde en 1953 presentou a súa tese The aes coinage of Rome and its subsidiary mint in the West, A.D. 68-81. En 1948 comezou a traballar no gabinete numismático do Museo Ashmolean, dependente da mesma universidade, como responsable de moeda da Antiga Grecia na coñecida como Heberden Coin Room. Entre 1975 e 1982 ocupou alí o posto de conservador.[1]
Kraay dedicouse inicialmente á moeda da Antiga Roma, aínda que o seu contacto coa moeda grega nas coleccións do Museo Ashmolean fixo que pasase a sentirse máis interesado nela. En 1976 publicou un resumo sobre o seu traballo coas moedas gregas dos períodos arcaico e clásico, e en 1974, xunto con Margaret Thompson e Otto Mørkholm, publicou An Inventory of Greek Coin Hoards, a obra de referencia para os tesouros gregos.[1]
Entre 1970 e 1974 foi o presidente da Royal Numismatic Society, de Londres.[2]
Recoñecementos
Publicacións
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
1883–1900 | | |
---|
1901–1950 | |
---|
1951–2000 | |
---|
Dende 2001 | |
---|
|
---|
1918–1960 | | |
---|
1961–2000 | |
---|
Dende 2001 | |
---|