Robert I. Nesmith, nado en Nova York o 16 de setembro de 1891 e finado o 28 de xullo de 1972, foi un fotógrafo e numismático estadounidense, especialista no achado de tesouros.
Traxectoria
Fotógrafo
Robert Nesmith foi o titular dunha compañía de fotografía chamada R. I. Nesmith & Associates, na cidade de Nova York.[1][2]
Tamén ocupou o cargo de fotógrafo xefe e director do Copper Comando, unha publicación periódica quincenal nada en 1942 e publicada durante a segunda guerra mundial que destacaba a importancia da produción de metais en tempos de guerra.[1][2]
No Cooper Comando, Nesmith contaba con Marg Sammons como editora asociada neste proxecto, e ambos acabaron contraendo matrimonio e establecendo a consultora de comunicación Newcomb and Sammons, con sede en Chicago.[2]
Posteriormente Nesmith foi o propietario e director da libraría The Foul Anchor, en Rye, Nova York, especializada na procura de tesouros.[1][2]
Numismático
Paralelamente á súa profesión como fotógrafo, Neismith foi un apaixonado pola numismática. En 1943 ingresou na American Numismatic Society como membro asociado, e en 1944 pasou a ser membro de plano dereito.[1]
Dentro do ámbito numismático especializouse na descuberta de tesouros monetarios e doutro tipo, ámbito sobre o que publicou algúns estudos.[1][3][4]
Como coleccionista, centrou o seu interese na moeda española e hispanoamericana. A súa colección foi vendida en diversas poxas públicas a partir de 1950 e durante as décadas seguintes.[5][6]
Recoñecementos
Publicacións
Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Robert I Nesmith ao longo da súa traxectoria:
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Nesmith, Robert I., 1891-1972". American Numismatic Society (Numismatics.org).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Robert I. Nesmith photographs, 1942-1944". Archives West. Montana Historical Society.
- ↑ 3,0 3,1 Smith, P. (2012).
- ↑ "Robert I. Nesmith's Treasure Hunter Brotherhood". En The E-Sylum: Vol. 23. Nº 47. 22 de novembro de 2020.
- ↑ Mail bid sale Nº 10: The George W. Husker collection, the Robert I. Nesmith collection. H. Grunthal / Numismatic Fine Arts, 1951. Páxinas 37-42.
- ↑ Richard Henry Harding, Robert I. Nesmith, Spartacus. Selections for Auction. Henry Christensen Inc, 1970. Páxinas 48-49.
- ↑ "The Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
1918–1960 | | |
---|
1961–2000 | |
---|
Dende 2001 | |
---|