George era fillo de James MacDonald, epigrafista, arqueólogo e mestre na escola de Elgin, e de Margaret Raff.[2][3] Cando o seu pai foi trasladado á escola de Ayr desprazouse toda a familia e alí foi onde George recibiu a súa educación primaria.[3][4]
Na mesma cidade, entre 1892 e 1904 encargouse da catalogación da colección de moeda grega do Museo Hunterian, que en agradecemento o nomeou en 1905 conservador nonorario a título vitalicio.[4]
En 1904 MacDonald abandonou o mundo académico para asumir inicialmente o posto de subsecretario do Departamento de Educación de Escocia, e en 1922 foi ascendido a secretario.[4] Entre os seus logros neste terreo destaca por establecer o Leaving Certificate Examination (unha certificación da educación secundaria) e por introducir en Escocia o primeiro plan de xubilación para profesores.[3]
George MacDonald retirouse en 1928.[9] Na súa honra, en 1932 publicouse un volume especial do Journal of Roman Studies (22).[3]
Ao longo da súa carreira, MacDonald formou parte de diversas institucións, en ocasións en postos de responsabilidade, entre elas a Real Sociedade de Edimburgo.[9] No período 1921-1926 presidiu a Sociedade para a Promoción de Estudos Romanos, e entre 1935 e 1936 a Royal Numismatic Society. De 1927 a 1930 formou parte da Comisión Real de Museos e Galerías Nacionais. Tamén presidiu a Comisión Real de Monumentos Artísticos e Históricos de Escocia, desde 1934 ata o seu pasamento. De 1933 a 1940 foi o presidente da Sociedade de Anticuarios de Escocia.[3][4]
No relativo á súa vida familiar, casou en 1897 con Margaret Tannahill Younger (1857-1951), con quen tivo tres fillos: George Henry (1899-1899), Isabel Margaret (1900-1927) e James (1902-1960).[2]
Macdonald morreu en Edimburgo o 9 de agosto de 1940, e foi soterrado, xunto coa súa familia, na extensión feita no século XX no cemiterio Dean en Queensferry Road, no oeste da cidade.[3] Legou á biblioteca da Universidade de Edimburgo arredor de 200 libros sobre arqueoloxía clásica.[10]
Recoñecementos
(1905): Conservador honorario do Museo Hunterian, de Glasgow.[4]
(1907): Premio Allier de Hauteroche, da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de París.[3]
Curle, A. O. (1940). "Sir George Macdonald, K.C.B., 1862-1940: A Memoir". En Proceedings of the Society of Antiquaries of Scotland. 74. Páxinas 123-132.
Curle, A. O. (1941). "Sir George Macdonald, 1862-1940". En Proceedings of the British Academy. 27. Páxinas 433-451.
Richmond, I. A. (1941). "Sir George Macdonald". En Archaeologia Aeliana. 4ª serie. 19- Páxinas 177-187.