Foi capital da Alemaña do Oeste desde 1949 a 1990, logo foi sede do goberno alemán ata o 1998, cando se iniciou a transferencia de parte das oficinas administrativas para Berlín. É un importante núcleo cultural, político e comercial. Ten incorporadas outras dúas pequenas cidades: Bad Godesberg e Beuel, coas que forma unha única aglomeración urbana. Ocupa o 19° posto na clasificación das cidades máis populosas de Alemaña aínda que está moi influenciada pola proximidade da cidade de Colonia.
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua(PDF). ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 04 de xaneiro de 2017.