DresdenEstado Alemaña Estado federado Saxonia - Sachsen
Capital de Contén a división administrativa Poboación 566.222 (2023) (1.723,76 hab./km² ) Superficie 328,48 km² Bañado por Río Elba , Weißeritz (en) , Lockwitzbach (en) , Prießnitz (en) , Kaitzbach (en) e Lausenbach (en) Altitude 126 m Punto máis alto Triebenberg (en) (383 m) Punto máis baixo Niederwartha (en) Comparte fronteira con Creación 1206 (Gregoriano) Evento clave
• Xefe do goberno Dirk Hilbert (pt) (2015–) Órgano lexislativo Dresden City Council (en) , Membro de Código postal 01067, 01326, 01309, 01069, 01097, 01099, 01159, 01127, 01307, 01129 e 01279 Fuso horario Prefixo telefónico 351 e 35201 Código NUTS DED21 Número de municipio alemán 14612000
Irmandado con Sitio web dresden.de
Dresden [ 1] [ 2] ou Dresde [ 3] (en alemán : Dresden ) é unha cidade alemá á beira do Elba e capital do estado federado de Saxonia . Conta con 512.234 habitantes (2008 ) e está altamente industrializada (por exemplo, hai fábricas de Volkswagen , Airbus etc.).
Limita ao noroeste co distrito de Meißen , ao nordés co de Bautzen e ao sur co de Sächsische Schweiz-Osterzgebirge . Dresden atópase xusto no centro da conurbación homónima. Situada no centro de Europa , constitúe un nó de transportes fundamental á vez que un centro económico de grande importancia.[ 4] Esta aglomeración, xunto coa de Chemnitz -Zwickau e a de Leipzig -Halle , constitúen a chamada "rexión metropolitana do triángulo saxón".[ 5] A poboación total de Dresden supera os 525.000 habitantes e o seu correspondente Regierungsbezirk ou rexión administrativa, o millón e medio.[ 6]
O Val do Elba en Dresden foi Patrimonio da Humanidade da Unesco entre 2004 e 2009 , pero perdeu o seu sitio en dita lista debido á construción dunha ponte a dous quilómetros do centro histórico . Deste xeito, converteuse no primeiro lugar en Europa e segundo en todo o mundo en perder esta condición.[ 7]
En 2015, a cidade foi laureada, xunto coa sueca Vara co Premio de Europa , unha distinción outorgada anualmente polo Consello de Europa , desde 1955, a aqueles municipios que fixesen notables esforzos para promover o ideal da unidade europea.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas