Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Canón (xeoloxía)

Gran Canón, Arizona.
Canón do Sil, Galicia.

En xeoloxía e xeomorfoloxía, un canón é un accidente xeográfico provocado por un río que, a través dun proceso de epixénese, escava en terreos brandos unha profunda fendedura de paredes case verticais. Os canóns (tamén chamados, especialmente cando son estreitos, foces, desfiladeiros ou gargantas) son incisións lineais de tendencia rectilínea e que posúen carácter estrutural, dirixidos por levantamentos tectónicos, por descensos do nivel de base ou erosión remontante do río principal. Outras orixes dos canóns son:

  • Canóns kársticos, producidos pola incisión máis a karstificación.
  • Canóns asociados a fracturas, nas que tamén debe de haber karstificación ou un cambio do nivel de base.
  • Canóns de carácter estrutural, como as cluses.

En xeral, os relevos tabulares favorecen a presenza de canóns profundos asociados a fracturas, por exemplo os karsts.

Canóns famosos

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya