3XL foi unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada ao público xuvenil e que comparte a súa frecuencia co Canal Super3, emitindo desde as 21:30 horas ata a madrugada.
A canle toma o seu nome do programa de televisión 3XL.net (posteriormente 3XL.cat), que se estreou o 15 de maio de 2000 na segunda cadea de televisión catalá, Canal 33. As emisións de 3XL como cadea independente comezaron o 19 de setembro de 2010, en substitución de Canal 300. A canle potencia á súa vez unha comunidade virtual dirixida aos mozos.
O 1 de outubro de 2012, a canle cesou as súas emisións, dentro da redución de custos que fixo a emisora pública catalá. Parte da súa programación pasou a Canal Super3 e El 33.
Programación
A programación de 3XL está enfocada a un público novo entre os 15 e os 29 anos, polo que hai unha forte presenza de ficción. A maioría dos programas son estranxeiros, e entre eles destacan series británicas (The Inbetweeners, Misfits), estadounidenses, animación xaponesa (Bleach, Death Note, One Piece, Nana) e ata ciclos de cine. As series están dobradas ao catalán, lingua preferente das emisións, aínda que tamén poden verse no seu idioma orixinal ou con subtítulos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Televisión en España |
---|
Cadeas xeralistas | |
---|
TDT | |
---|
Desaparecidas | |
---|
Operadores de pago | |
---|
Cadeas autonómicas | |
---|
|
|