Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Carlos García Martínez

Modelo:BiografíaCarlos García Martínez
Biografía
Nacemento25 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de marzo de 2018 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1026154 AELG: 150 BUSC: garcia-martinez-manuel-carlos-1945-2018 Dialnet: 1446811

Manuel Carlos García Martínez, nado en Santiago de Compostela o 25 de abril de 1945 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 2018[1], foi un historiador e dinamizador cultural galego.[2]

Traxectoria

Licenciado en Dereito en 1968, asumiu a dirección do Museo do Pobo Galego despois da morte de Antón Fraguas, entidade na que xa fora previamente patrono mentor e fundador, asumindo despois labores de secretario e de subdirector. Foi tamén membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega, integrante da Comisión Xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, presidente do Consello Galego de Museos e socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Foi galardoado co Premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, no ano 1999.

Obras

Ensaio

  • Arte rupestre en Campo Lameiro (1973). Concello de Campo Lameiro.
  • Morfoloxía castrexa das Terras de Compostela (1971). Compostellanum 16, 213-258.
  • Tipoloxía da vivenda popular galega (1975-1978). Colexio de Arquitectos de Galicia.
  • De alicerces e devocións: unha ollada arredor das orixes (1999). Fundación Otero Pedrayo.
  • Antonio Rodríguez Fraiz, abade de Campañó, 1912-1995 (2012). Museo do Pobo Galego.
  • Carlos García Martínez. Obra completa (2020). Museo do Pobo Galego. 1066 páxs. ISBN 978-84-88508-67-6. Edición: Justo Beramendi González, Manuel Vilar Álvarez, María Xosé Fernández Cerviño, Rosa Mª Méndez García.
  • Crónica inacabada dunha terra (2020) (ed. de J. Beramendi). En Obra completa (pp. 935-1066).

Edicións

Obra en castelán

Ensaio

  • Cista y ajuar funerario de Atios.

Obras colectivas

Notas

  1. "Falece Carlos García Martínez, fundador e director do Museo do Pobo Galego". Sermos Galiza. 17 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2018. Consultado o 17 de marzo de 2018. 
  2. Vilar Álvarez, Manuel (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "Recuperando o traballo de Carlos García Martínez". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 112–115. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya