Fillo de pais agricultores, estudou ata os nove anos na escola parroquial da súa aldea e posteriormente no INEM da Estrada (na actualidade o IES Manuel García Barros). No ano 1975 comezou os seus estudos universitarios na especialidade de Filoloxía Románica seguido da Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.[2]
Tras acabar os seus estudos, no ano 1981 comeza a impartir clases nun colexio privado na provincia de Pontevedra. No 1982 trasladase como docente ao IES Sánchez Cantón (Pontevedra). Un ano despois, aproba as oposicións, e é destinado ao IES Manuel García Barros, na Estrada; onde á súa vez, termina a súa etapa como docente, xubilándose de maneira anticipada no ano 2017.[2]
Tanto na súa etapa como docente, así como na súa vida diaria, perseguía o obxectivo de dar a coñecer a obra de Manuel García Barros, autor que se pediu que fose conmemorado o 17 de maio de 2022, día das Letras Galegas.[3]
Colaborou con todo o movemento cultural estradense e traballo a prol do fútbol base. Tratou de achegar a literatura ao ensino e, para iso, promoveu a relación do alumnado cos escritores.[4]
Foi xurado dos premios de Álbum ilustrado Alberte Quiñoi[5] e Manuel García Barros de novela.[6]
Encontros para un estudo. Manuel García Barros: unha vida, unha obra, un pensamento (2013). A Estrada: Edición do Concello da Estrada. ISBN 978-84-695-8658-7
Picallo, Héitor et al. (2016). Homenaxe a Olimpio Arca Caldas. O mestre do pobo. A Estrada: Edicións Fervenza. ISBN 978-84-945375-2-3
Recoñecementos
2010: Socio de Honra da “Sociedad Hijos del Ayuntamiento de A Estrada” en Cuba.[8]
2010: Medalla de “AMIGO DA SOLAINA” do Padroado da Fundación Casa Museo “A Solaina” de Piloño.[9]
2010: Mención especial no 1º Certame “Mis raíces gallegas 2010” convocado polo “Obradoiro de Cultura Gallega Xosé Fontenla Leal” da Habana (Cuba) polo relato “Flash-Back dun emigrado".
O 11 de maio do 2013, homenaxe no Centro Galego da Habana con motivo das “Letras Estradenses, 2013”.
2013: XXIII Premio San Martiño de Normalización Lingüística. O Brado.[10]
2017: Socio de Honra do “Centro Unión Orensana” da Habana.[11]
Notas
↑"Carlos Loureiro". editorialgalaxia.gal. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2021. Consultado o 28 de xullo de 2021.