Carlos Sixirei Paredes, nado en Santiago de Compostela o 1 de xuño de 1949, é un historiador galego.
Traxectoria
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor titular de Historia de América na Universidade de Vigo (Campus de Ourense).
Obras
Ensaio
- San Cristobo de Xavestre. Chequeo a unha comunidade rural, 1982, Ediciós do Castro.
- Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo, 1987, Ediciós do Castro.
- A emigración, 1989, Biblioteca Básica da Cultura Galega.
- Galeguidade e cultura no exterior, 1995, Xunta de Galicia.
- Historia de América. Dende as orixes aos tempos actuais, 2010-2013, Ir Indo.
Traducións
- Historia cronolóxica dos países celtas, de Jakez Gaucher, 1996, Ediciós do Castro.
Obras colectivas
- Manual de historia contemporánea universal. I, II, III, 1990-1992, Ediciós do Castro.
- Asociacionismo galego no exterior (2 volumes), 2001, Xunta de Galicia.
- O estado e a política en tempos de globalización, 2006, Ir Indo.
Véxase tamén
Bibliografía