Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Carracedo.
Santiago de Carracedo é unha das parroquias máis grandes do concello ourensán da Peroxa. Segundo o INE en 2008 tiña 206 habitantes (91 homes e 115 mulleres), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 275 habitantes.
Demografía
Gráfica de evolución demográfica de Carracedo entre 2000 e 2023 |
|
Datos segundo o nomenclátor publicado polo INE.
|
Festas
A primeira fin de semana de febreiro celébrase San Brais. A segunda fin de semana de setembro celébrase a festa na honra de Nosa Señora do Amparo. Tamén hai outras festas durante o ano, como o Amparo pequeno en maio, a festa do emigrante no verán ou o magosto en novembro.
En xullo de 2008 celebrouse o primeiro festival Amparock, con catro grupos de rock, un dos Peares, un de Coles, e dous de Ourense.
O campo do Amparo, é unha carballeira que dispón de mesas e bancos de pedra, fonte, baños, e grella.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Carracedo
Parroquias da Peroxa
Notas
Véxase tamén
Outros artigos