Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Celia Brañas

Modelo:BiografíaCelia Brañas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Celia Brañas y Fernández Editar o valor en Wikidata
20 de maio de 1880 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xuño de 1948 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncientífica Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGonzalo Brañas Sánchez-Boado Editar o valor en Wikidata
IrmánsGonzalo Brañas Fernández Editar o valor en Wikidata

Celia Brañas Fernández Miranda, nada na Coruña o 20 de maio de 1880 e finada na mesma cidade o 12 de xuño de 1948,[1] foi unha científica galega.

É considerada unha pioneira na incorporación da muller á cultura científica.

Traxectoria

Foi filla de Consuelo Fernández Miranda e do periodista, escritor e farmacéutico Gonzalo Brañas Sánchez-Boado.[2] Comezou a traballar en 1908 como profesora auxiliar na Escola Normal da Coruña. En 1911 converteuse en profesora titular e foi directora da escola en varias ocasións ata a súa xubilación en 1946.[3]

En 1919 participou como poñente no Primeiro Congreso de Estudos Galegos, organizado polo Instituto de Estudios Gallegos da Coruña,[2] no que defendeu o tema da importancia que para a rexión galega tería a creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña e os medios prácticos para establecela. Un ano máis tarde logrou que o Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid organizase un curso de bioloxía mariña na Coruña. Este curso foi o precursor da creación en 1932 da estación biolóxica de Marín.[2]

Vida persoal

Foi irmá do tamén científico Gonzalo Brañas Fernández.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya