Celso Parada|
Nacemento | 22 de marzo de 1958 Moaña, España |
---|
Morte | 3 de agosto de 2019 (61 anos) |
---|
|
Ocupación | actor |
---|
|
|
Celso Parada Fernández, nado en Moaña o 22 de marzo de 1958[1] e finado o 3 de agosto de 2019[2], foi un actor galego.
Traxectoria
Comezou a traballar no teatro en 1976 como actor e director. Formouse canda a Ryzard Cieslak, Etelvino Vázquez e Victor Rotelli entre outros. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, realizou un máster de especialización en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela.
En 1989 fundou a compañía Teatro do Morcego canda a Isabel Ávila. En Montevideo traballou coa compañía El Galpón e baixo a dirección de Bernardo Galli.
Participou no Festival de Teatre Grec de Barcelona, FITEI do Porto, Festival Internacional de Ribadavia e o Festival de Teatro de Cangas entre outros. En 2019 foi nomeado académico de honra pola Asociación Galega de Teatro.[3]
Teatro
Con Teatro do Morcego
Con Vía Láctea
- Multimedia (1993-94)
- Macbeth
- Misterio cómico (1991)
- Rapsodia Pimenteliana (1990);
- ‘Kartoteka (1989)
- Ubu rei (1988)
- Ácido Sulfúrico (1987).
- A lagarada
- A cacatúa verde
- O Colaborador
- A comedia do gurgullo
Filmografía
- Televisión
- Cinema
- Curtametraxes
- De la misma sangre (2008)
Recoñecementos
Notas
- ↑ "Celso Parada" (PDF). Asociación de Actores e Actrices de Galicia. 2007.
- ↑ "Faleceu Celso Parada, figura fundamental do teatro". Erregueté. 3 de agosto de 2019.
- ↑ "A Academia Galega de Teatro nomea a Celso Parada Académico de Honra". Erregueté. 19 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019.
Véxase tamén
Ligazóns externas