Os Bulls gañaron un total de 72 partidos durante a fase regular da temporada 1995−96, o que supón un récord da NBA, sendo ademais o único equipo da historia en gañar 70 ou máis partidos nunha soa camapaña.[1] Moitos especialistas e analistas consideran os Bulls de 1996 como un dos mellores equipos da historia da competición. the 1996 Bulls to be one of the greatest teams in NBA history. En 2015, os Bulls son a terceira franquía máis valiosa da NBA de acordo á revista Forbes, cun valor estimado de 2.000 millóns de dólares e uns beneficios durante a temporada 2014−15 de aproximadamente 65 millóns.[2] Michael Jordan e Derrick Rose son os dous xogadores da franquía que teñen gañado o título da MVP da NBA.
Historia
Primeiros anos
Os Chicago Bulls son o terceiro equipo NBA que pasa por Chicago, despois dos Packers/Zephyrs e dos Stags (1946-1950). Hoxe, os Bulls aínda xogan coa camisola azul e vermella dos Stags ás veces. A franquía formouse na tempada 1966-1967, e xa inmediatamente mostrou boas maneiras conseguindo o mellor balance da historia dun equipo debutante na NBA, calificándose para os playoffs. Durante as súas dúas primeiras tempadas, a meirande parte dos partidos na casa foron xogados no International Amphitheatre, antes de mudarse ó Chicago Stadium definitivamente en 1994. Nos seguintes anos, a directiva dos Bulls dedicaría o seu tempo a montar un cadro de xogadores competitivo, aínda que nunca chegaron ó máis alto. Na década dos 70, os Bulls caracterízabánse por ser un equipo duro e moi defensivo, construído ó redor de Jerry Sloan, un defensor moi rochoso, dos alas Bob Love e Chet Walker, do base Norm Van Lier e do pivote Tom Boerwinkle. Aínda así, o equipo só gañou un título de división, e nunca acadou as finais da liga.
A finais da década dos 70 e a principios dos 80, o equipo chegou ó teito da liga. Artis Gilmore, conseguido a través dun draft de dispersión da ABA en 1976, liderou a un equipo que incluía tamén ó base Reggie Theus e ós alas David Greenwood e Orlando Woolridge. Despois de que Gilmore fora trocado polo pivote Dave Corzine dos San Antonio Spurs, os Bulls xa tiñan un alto poder ofensivo centrado en Theus, ó que despois se unirían Quentin Daly e Ennis Watley. Malia todo iso, os resultados seguían a ser decepcionantes, polo que a directiva decidiu cambia-lo rumbo e intercambiou a Theus na tempada 1983-84.
A chegada de Jordan
No verán de 1984, a fortuna do equipo cambiou para ben cando conseguiron a terceira posición no draft dese ano, despois dos Houston Rockets e dos Portland Trail Blazers. Despois de que os Rockets elixiran a Hakeem Olajuwon, e os Blazers a Sam Bowie, os Bulls escolleron ó escolta Michael Jordan, procedente da Universidade de North Carolina. Jordan redefiniría o baloncesto e reescribiría o libro dos récords, converténdose no mellor xogador de tódolos tempos.
O equipo, sendo o novo dono Jerry Reinsdorf e Director xeral Jerry Krause, decidiu reconstruírse ó redor de Jordan. Este xogador clave na historia dos Bulls rompería varios récords da franquía no seu ano de rookie en anotación (terceiro na liga) e roubos (cuarto na liga), e conduciría ó equipo de novo ós playoffs. Gañou nesa tempada o premio ó Rookie do Ano e foi incluído no segundo equipo de xogadores NBA.
Na pretempada, o equipo asinou ó base John Paxson e elixiu no draft ó ala-pivote Charles Oakley. Xunto a Jordan e a Corzine, daríanlle a meirande parte do poder atacante ós Bulls nas dúas tempadas seguintes. Ó principio da tempada Jordan esnaquizábase un pé, motivo polo cal a franquía fichou a lenda da NBA George Gervin, que contribuíu sobre todo en anotación, rematando como segundo máximo anotador do equipo por detrás de Woolridge. Jordan recuperouse para os playoffs, cando se enfrontaron dende a oitava praza ós Boston Celtics, que conseguiran un balance de 67-15 na tempada regular, liderados por Larry Bird. Aínda que os Bulls foron barridos, Jordan logrou supera-lo récord de anotación nun único encontro en playoffs, con 63 puntos no segundo partido das series, o que provocou que Bird chamarao God disguised as Michael Jordan. (Deus disfrazado de Michael Jordan).
Na tempada 1986-87 Jordan continuou o seu asalto ós libros de récords, liderando a liga en anotación con 37.1 puntos por partido, e sendo o primeiro Bull nomeado no primeiro equipo da NBA. Pero os Bulls foron de novo barridos polos Celtics nos playoffs. Na seguinte tempada, a 1987-88, Kreuse elixiu en oitava posición do draft dese ano ó pivote Olden Polynice e no décimo posto ó ala-pivote Horace Grant, e no mesmo día do draft Polynice foi trocado polo ala Scottie Pippen, elixido polos Seattle SuperSonics. Con Paxson e Jordan no xogo exterior, Brad Sellers e Oakley nos postos de ala, Corzine na pintura, e cos rookies Pippen e Grant salindo dende a bancada, os Bulls fixeron moito balbordo, gañando 50 partidos e acadando as semifinais da Conferencia Leste, caendo derrotados alí contra os que despois serían os gañadores da conferencia, os Detroit Pistons, en cinco encontros. Jordan foi nomeado ese ano MVP da NBA nese ano, sería a primeira das cinco veces que o gañou.
A tempada 1988-89 foi a segunda seguida de grandes movementos en pretempada. O ala-pivote Charles Oakley, que liderou a liga no total de rebotes nos anos 87 e 88 foi trocado polo pivote Bill Cartwright procedente dos New York Knicks e por unha elección no draft utilizada para elixir o pivote Will Perdue. O novo quinteto titular formado por Paxson, Jordan, Pippen, Grant e Cartwright tardou algún tempo en acomodarse, pero remataron a tempada nas finais da Conferencia Leste, onde perderon contra os que logo serían os campións da NBA, os Detroit Pistons, en seis partidos.
Na 1989-90, Jordan foi o máximo anotador da liga por cuarta tempada consecutiva, e por fin entrou no equipo do All-Star por primeira vez xunto a Scottie Pippen. Tamén houbo trocos na bancada, xa que Doug Collins foi substituído polo seu asistente, Phil Jackson, quen trouxo ó equipo a Tex Winter, un especialista no triángulo ofensivo característico de Jackson. Os Bulls tamén elixiron no draft de 1989 ó pivote Stacey King e ó base BJ Armstrong. Con estas pezas adicionáis e o quinteto inicial do ano anterior, os Bulls volveron ás finais de conferencia e volveron a perder contra os Pistons, pero esta vez conseguiron forza-los sete partidos.
Primeiros tres títulos
Xa na tempada 1990-91, os Bulls olvidáronse das excusas e encararon o ano cunha misión definida. Fixeron o récord da franquía en encontros gañados con 61. Nos playoffs arrasaron, barrendo ós Pistons nas finais de conferencia e nas finais da NBA gañaron a uns Lakers liderados por Magic Johnson en cinco partidos, sendo o derradeiro da serie o 12 de xuño de 1991. Michael Jordan gañou os títulos de MVP das finais e da tempada regular, e o seu quinto título seguido de máximo anotador.
Os Bulls gañaron o seu segundo título consecutivo na tempada 1991-92 despois de esnaquiza-lo récord de vitorias da franquía con 67. Nas finais gañaronlle a Clyde Drexler e os seus Blazers en seis encontros. Jordan volveu gaña-los títulos de MVP das finais e da tempada regular, e o seu sexto título seguido de máximo anotador.
Na 1992-93 os Bulls fixeron o que ningún dende aqueles lendarios Celtics da década dos 60 gañando tres títulos consecutivos, enfrontándose na final ós Phoenix Suns, que tiñan ó MVP da liga regular, Charles Barkley. O tiro gañador de John Paxson deulles ós Bulls a vitoria no sexto patido disputado en Fénix por 99-98. Jordan foi de novo MVP das finais despois de establecer un novo récord de puntos nun encontro da final. Ademais, tamén empatou con Wilt Chamberlain co seu sétimo título de máximo anotador.
Xa no verán, Jordan asombrou a toda a comunidade baloncestística anunciando a súa retirada, só uns meses despois da morte do seu pai. Scottie Pippen pasou a lidera-los Bulls, xa que nas tempadas anteriores demostrárase un dos mellores xogadores na liga. Recibiu axuda de Horace Grant e de BJ Armstrong, que nesa tempada foron All-Stars por primeira vez. Tamén eran pezas do equipo Cartwright, Perdue, o base Pete Myers e o rookie de CroaciaToni Kukoč. Pero malia a asombrosa tempada regular que fixeron os Bulls, gañando 55 partidos, nos playoffs caeron en segunda rolda contra os Knicks, cunha polémica incluída no quinto partido tras unha falta pitada polo árbitro Hue Hollins.
A volta de Jordan
En 1994, os Bulls perderon a Horace Grant e a Bill Cartwright, que marcharon coma axentes libres, pero conseguiron ó base All-Star Ron Harper. Con estes movementos, os Bulls tiñan a Armstrong e a Harper no xogo exterior, Pippen e Kukoč nas alas e Perdue na pintura. Tamén contaban co tirador especialista Steve Kerr, con Myers, e cos pivotes Luc Longley e Bill Wennignton. Pero mentres estaban a xoga-la liga, o 17 de marzo de 1995 recibiron a mellor noticia posible: Jordan volvía dende o retiro. Pronto estivo de novo entre os mellores da liga, anotando 55 puntos contra os Knicks no seu quinto partido dende a súa volta, e liderou ós Bulls ó quinto posto da conferencia, gañando na primeira rolda dos playoffs ós Charlotte Hornets. Pero xa en segunda rolda non foron capaces de derrotar ós que despois serían os campóns da conferencia, os Orlando Magic de Horace Grant e Shaquille O'Neal. Cando Jordan volveu ós Bulls, inicialmente levaba o dorsal 45 (que tamén foi o seu dorsal cando xogaba nos Birmingham Barons, un equipo de béisbol das ligas menores afiliado ós Chicago White Sox, por mor da retirada do seu dorsal trala súa primeira marcha. Pouco despois volveu ó 23 a cambio dunha multa.
Na pretempada, BJ Armstrong marchou por mor dun draft de expasión, pero Krause fixo un movemento maxistral, mandando a Will Purdue ós San Antonio Spurs a cambio de Dennis Rodman, especialista reboteador con catro títulos nese apartado. Cun quinteto inicial formado por Harper, Jordan, Pippen, Rodman e Longley, e quizais a mellor bancada da liga con Kerr, Kukoč, Wennington e os alas Randy Brown e Jud Buechler, os Bulls experimentaron unha das meirandes mellorías no balance na historia da liga, pasando dun 47-35 a un 72-10, que aínda segue a se-lo mellor balance da historia. Jordan gañou o seu oitavo título de mellor anotador, Rodman o seu quinto título de máximo reboteador seguido, e Kerr liderou a liga en triplas. Ademais, Jordan logrou a "Tripla Coroa" co MVP da tempada regular, do All-Star e das finais. Krause gañou o premio ó Executivo do Ano, Jackson ó Adestrador do Ano e Kukoč foi o Sexto Home do Ano. Por se fora pouco, Pippen e Jordan entraron no primeiro equipo da NBA, e ámbolos dous máis Rodman entraron no mellor equipo defensivo. O equipo gañou o seu cuarto anel ante os Seattle SuperSonics de Gary Payton e de Shawn Kemp.
Os Bulls repetiron os bos resultados da tempada anterior na 1996-1997, empatando o segundo mellor balance da historia da liga cun 69-13 e gañando o seu segundo anel consecutivo, o quinto en total, contra os Utah Jazz de John Stockton e Karl Malone. Jordan conseguiu o seu segundo título de áximo anotador consecutivo e o seu noveno en total, e Rodman o seu sexto título seguido de máximo reboteador.
Conseguiron outro Three-peat (tres títulos consecutivos) na tempada 1997-1998, gañando 62 partidos de tempada regular e plantándose nas finais sen moita deficultade. Jordan gañou o seu décimo título de máximo anotador e o terceiro seguido, e a súa segunda "Tripla Coroa" (MVP do All-Star, da tempada regular e das finais da NBA), Rodman conseguía o seu sétimo título de máximo reboteador, batendo con el o récord, e os Bulls derrotaron nas finais ós Jazz por segundo ano consecutivo. No sexto e derradeiro encontro, Jordan deu un pasiño atrás e anotou o tiro gañador a falta de cinco segundos do final do encontro, o que sería o seu derradeiro lanzamento nos Bulls.
Desmantelación
O verán de 1998 trouxo un final abrupto á unha era tan tremendamente existosa. Krause cría que os xogadores dos Bulls xa eran demasiado vellos e incapaces de ser competitivos. Decidiu que as únicas oportunidades do equipo eran ou a reestruturación ou un declive lento pero seguro. Planeou afundi-lo equipo nas derradeiras posicións da liga e conseguir eleccións de draft en postos altos mentres facía espazo no límite salarial para asinar un par de axentes libres en dous anos. Despois de ser vetado nun intento previo polo dono Jerry Reinsdorf, Krause mandou a Scottie Pippen por apenas nada ós Houston Rockets, non renovou ó adestrador Phil Jackson, que marchou ós Lakers e animou a Michael Jordan a que se retirara de novo. Krause tampouco renovou a Dennis Rodman, trocou a Luc Longley e a Steve Kerr por varias eleccións de draft e asinou un novo adestrador sen experiencia profesional, Tim Floyd, procedente da Universidade de Iowa State, onde tivera varios éxitos a nivel de NCAA. Cun novo quinteto titular formado polo base Randy Brown, o escolta Ron Harper, o ala Brent Barry, o ala-pivote Toni Kukoč e o pivote Bill Wennington, o equipo rematou a temporada da folga (1998-1999) gañando 13 de 50 partidos e cun Kukoč que liderou ó equipo en anotación, rebotes e asistencias, pero que foron de pouca axuda mentres o equipo facía unha tempada desastrosa.
Cinco anos difíciles
O mal final da tempada anterior tiña un feito destacado: os Bulls gañaron a lotería do draft e a elección número un utilizouse para escoller ó ala-pivote Elton Brand. Sen Harper, Brown, Wennington e Barry, que marcharon na pretempada, Brand e o tamén rookieRon Artest botáronse o equipo ás costas, especialmente despois de que Kukoč se lesionara tendo que perderse a meirande parte da tempada, e sendo transpasado por unha elección de draft no límite do tempo para intercambios entre franquías. Brand acadou por primeira vez dende os días de Artis Gilmore unha media de máis 20 puntos e máis de 10 rebotes. Ademais, encabezou a clasificación dos rookies en anotación, rebotes, tapóns, porcentaxe de tiros de campo e en minutos xogados. Isto valeulle a Brand para ser nomeado Co-Rookie do Ano da tempada 1999-2000 xunto a Steve Francis, dos Houston Rockets e para entrar no mellor equipo de rookies, mentres Artest era nomeado para o segundo mellor equipo de rookies. Malia iso, o equipo acababa cun pésimo balance, 17-65, o segundo peor desa tempada.
Despois dun verán no que semellaba que os Bulls querían asinar a tódolos axentes libres do mercado (Tim Duncan, Grant Hill, Tracy McGrady, Eddie Jones ou incluso Tim Thomas), Krause ficha ó pivote Brad Miller, ó escolta Ron Mercer (ámbolos dous axentes libres) e elixiu no draft a Marcus Fizer, ala-pivote, e a Chris Mihm, pivote, e que foi mandado ós Cavaliers polo base Jamal Crawford. Brand liderou de novo ó equipo promediando de novo máis de 20 puntos e máis de 10 rebotes, pero as novas fichaxes non fixeron un bo papel e o equipo rematou co peor récord da súa historia, 15-67.
Os seareiros dos Bulls entraron en shock cando no día do draft de 2001 Krause transpasou a Elton Brand ós Clippers pola segunda elección desde draft, Tyson Chandler. Ademais elixiu a Eddy Curry no posto número catro. Ámbolos dous xogadores saían directamente do instituto e non se esperaba que contribuíran moito ó equipo nas vindeiras tempadas, pero víanse como posíbels xogadores franquía nun futuro non moi distante. O equipo comezou a xoga-la tempada sen un líder claro, pero na metade do ano os tres maiores anotadores, Mercer, Artest e Miller, xunto a Kevin Ollie, foron trocados cos Indiana Pacers polo base veterano Jalen Rose, por Travis Best e por Norman Richardson. Tamén houbo un cambio na bancada, pasando a se-lo novo adestrador Bill Cartwright, antigo xogador dos Bulls e asistente técnico de Floyd, ó que rematou substituíndo por mor dunhas discusións entre os xogadores e a directiva. Houbo unha lixera mellora no balance final da tempada, pasando de 15 a 21 encontros gañados, pero aínda seguían a ocupa-la derradeira posición na cualificación.
A temporada 2002-2003 comezou con moito optimismo. Elixiron o base Jay Williams no segundo posto do draft. O equipo estaba formado por un núcleo moi novo composto por Rose, Williams. Crawford, Marcus Fizer, o acabado de chegar Donyell Marshall, Curry, Chandler e o base Trenton Hassell, na primeira tempada completa de Bill Cartwright no asento de adestrador. Curry encabezou a liga na porcentaxe de tiros anotados, converténdose no primeiro xogador dos Bulls que lideraba algunha estatística importante da liga dende Jordan. Os Bulls lograron mellora-lo balance do ano anterior rematando cun 30-52.
Xa no verán de 2003, o que fora Director xeral durante moito tempo, Jerry Krause, retirouse, e anunciouse que o seu sucesor sería o antigo xogador John Paxson. Jay Williams resultou gravemente ferido nun accidente de motocicleta, non volvendo a xogar aínda ata a actualidade. Para substituílo, Paxson elixiu na posición número sete do draft ó base Kirk Hinrich, e tamén fichou ó veterano axente libre e ex xogador franquía dos Bulls Scottie Pippen. Con Pippen xogando, Cartwright na bancada e Paxson na directiva, os Bulls esperaban que a maxia da época dos seus campionatos volvera.
Pero a tempada 2003-2004 foi unha sonora decepción. Eddy Curry volveu ó equipo, e con el volveron as preguntas sobre o seu compromiso co equipo. Ademais, Tyson Chandler sufriu unha lesión crónica nas costas, que lle fixo perderse máis de trinta encontros. E por se fose pouco, Pippen sufriu problemas nos xeonllos, o que minimizou a súa capacidade para lidera-lo equipo e lle fixo pensar na retirada. Jamal Crawford foi moi irregular. Todo isto levou a que Cartwright fora despedido, sendo asinado o ex-adestrador dos Phoenix SunsScott Skiles. Un troco cos San Antonio Spurs trouxo a Antonio Davis e a Jerome Williams ó equipo a cambio de Rose e de Marshall, o que foi visto como unha estratexia para gañar traballo duro e defensa a cambio de capacidade atlética. Despois de vagar durante toda a tempada, os Bulls remataron cun balance de 23-59, o segundo peor da liga. Fizer non renovou, e Crawford foi parte dun sign-and-trade cos Knicks por xogadores con contratos a piques de rematar. O único xogador destacado neste ano foi Hinrich, que se converteu nun dos favoritos dos seareiros pola súa determinación e pola súa habilidade atlética. Ademais, foi nomeado no mellor equipo rookie do ano.
Volta aos playoffs
Durante a pretempada de 2004, Paxson intercambiou unha elección de draft de 2005 a cambio dunha elección adicional no draft de 2004 cos Phoenix Suns. Foron usadas para elixir o base da Universidade de ConnecticutBen Gordon e ó ala da Universidade DukeLuol Deng en primeira rolda, e ó base Chris Duhon, tamén procedente de Duke. Ademais, se fichou ó axente libre Andrés Nocioni, que gañara a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos dese ano, sendo membro da selección de baloncesto da Arxentina. Nese momento, os Bulls tiñan ó quinteto titular máis mozo da liga, detrás dos Phoenix Suns. Despois dun decepcionante inicio de 0 vitorias e 9 derrotas, o equipo comezou a amosar signos de melloría, confiando na defensa e nas varias explosións no derradeiro cuarto de Gordon. Ó final da tempada, os Bulls lograron acada-los playoffs, superando o 50% de vitorias no partido número 39 do ano, e rematando co terceiro posto da Conferencia Leste e conseguindo chegar por primeira vez á post-tempada dende a época de Jordan.
Pero desafortunadamente, as lesións de Deng e Curry no final da tempada regular deixou ós Bulls sen unha presenza anotadora constante. Casualmente, a primeira franquía coa que se enfrontaron nos playoffs do 2005 foron os Washington Wizards, o equipo ó que volveu Jordan despois da súa segunda retirada. Malia comeza-las series con dúas vitorias na casa, os Bulls perderon os seguintes catro partidos e polo tanto as series. Ben Gordon converteuse no primeiro rookie en gaña-lo premio ó Mellor sexto home, e no primeiro xogador dos Bulls en gañalo dende que o fixera Toni Kukoč en 1996.
Tradición nos playoffs
Os Bulls teñen a tradición non oficial de vestir zapatillas negras nos playoffs, sen ter en conta se xogan na casa ou fóra; e que data dos días nos que Michael Jordan comezou a encabeza-lo equipo nos playoffs. Malia non estar presentes nos playoffs durante seis tempadas despois do último campionato, cando volveron no ano 2004-2005 volveu esta tradición. Outra tradición e que cando xogan varios partidos seguidos fóra da casa só visten os uniformes vermellos, nunca os negros.
1 En total, Jordan foi incluído no Hall of Fame dúas veces: como xogador e como membro Equipo Olímpico de 1992.
2 En total, Pippen foi incluído no Hall of Fame dúas veces: como xogador e como membro Equipo Olímpico de 1992.
3 Incluído como adestrador, tamén foi xogador dos Bulls (1966–76).
4 Colangelo traballou para o equipo como director de mercadotecnia, olleiro e asistente do presidente.
Dorsáis retirados
Os seguintes son os dorsais retirados polos Chicago Bulls aos xogadores máis destacados da súa historia. Alén deles, Peter Jackson, Johnny Kerr e Jerry Krause, teñen pancartas retirados na súa honra aínda que non exerceron como xogadores do club. Peter Jackson foi adestrador asistente do equipo entre 1987–1989 e adestrador principal entre 1989–1998. Johnny Kerr foi adestrador do equipo entre 1966–1968, director de negocios entre 1973–1975 e locutor nos partidos dos Bulls entre 1977–2009. Pola súa parte, Jerry Krause foi director xeral do equipo entre o 26 de marzo de 1985 e o 7 de abril de 2003.
Will Perdue Récord compartido de menos minutos xogados nun partido de playoffs por un xogador descalificado por faltas: 7 contra os New York Knicks o 14 de maio de 1992.
↑"1966–67 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1967–68 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1969–70 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1970–71 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1971–72 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2012. Consultado o September 4, 2008.
↑"1972–73 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o September 4, 2008.
↑"1973–74 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1974–75 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1976–77 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1980–81 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o September 4, 2008.
↑"1984–85 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1985–86 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1986–87 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o September 4, 2008.
↑"1987–88 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1988–89 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1989–90 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1990–91 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1991–92 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1992–93 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1993–94 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1994–95 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro 2008.
↑"1995–96 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1996–97 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"1997–98 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"2004–05 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"2005–06 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"2006–07 Chicago Bulls". basketball-reference.com. Sports Reference LLC. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2008.
↑"Bulls: Players". Basketball Reference(en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015.
↑"Chicago Bulls Career Leaders". Basketball Reference(en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2015.