Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Christopher Marlowe

Modelo:BiografíaChristopher Marlowe

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 23 de febreiro de 1564 Editar o valor en Wikidata
Canterbury, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 1593 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Deptford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
EducaciónCorpus Christi College
Universidade de Cambridge
The King's School Canterbury (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo, tradutor, poeta, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividadedécada de 1580 Editar o valor en Wikidata - 1593 Editar o valor en Wikidata
MovementoTeatro isabelino Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteConcise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:4, p.644-646),
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0549265 Allocine: 96681 Allmovie: p318204 IBDB: 4837
BNE: XX933429 Musicbrainz: dca9d13e-61d9-41ca-b356-bc6b237e20ad IMSLP: Category:Marlowe,_Christopher WikiTree: Marlowe-151 Find a Grave: 8017 Editar o valor en Wikidata

Christopher Marlowe, nado en Canterbury e bautizado o 26 de febreiro de 1564 e finado en Deptford o 30 de maio de 1593, foi un dramaturgo, poeta e tradutor inglés do Período isabelino. Popularizou o verso branco incorporándoo ao seu teatro. Está considerado como o gran predecesor de Shakespeare, e actualmente existe un debate sobre a súa autoría en varias obras do bardo.

Traxectoria

Era fillo dun zapateiro. Estudou no Corpus Christi College de Cambridge, obtendo o bacharelato en Artes en 1584. Seguiu os seus estudos nesa cidade, pero en 1587 as autoridades universitarias negáronlle o título de licenciado por mor das súas longas ausencias e polo rumor de que se convertera ao catolicismo e viaxara a Reims para preparar o seu sacerdocio. Con todo, recibiuse unha orde do Privy Council da raíña Isabel I de Inglaterra ao seu favor, eloxiándoo pola súa fidelidade e servizos[1]:

...na súa viaxe a Rheims non fixo tal intento, senón que pola contra estivo ás ordes e ao servizo da raíña... tal rumor deberá ser acalado por todos os medios posibles... Non é do agrado da raíña que quen estivo dedicado ao servizo do seu país se vexa difamado por aqueles que descoñecen os extremos que o tiveron ocupado.

. Tras este comunicado, outorgóuselle a licenciatura a Marlowe.

Acabados os seus estudos, Marlowe mudouse a Londres, onde viviu o resto da súa vida. Ao parecer, incorporouse á compañía de teatro do conde de Nottigham, que sería a que estrease a maioría das súas obras. Seica tamén pertenceu á Escola da Noite, grupo de librepensadores integrado, entre outros, polos matemáticos Thomas Harriot e Thomas Allen, Robert Hues, o filósofo e alquimista Walter Warner e Walter Raleigh e o conde de Northumberland.

Coñécese un episodio da súa vida que o levou ao cárcere. Amigo do poeta Thomas Watson, co que compartiu casa durante algún tempo, viuse involucrado nun caso de homicidio, probablemente un reto, a consecuencia do cal resultaría morto o fillo dun mesoneiro que tiña inimizade con Watson. Considerouse que a morte se producira en defensa propia. Marlowe, que o presenciou e probablemente participou en primeira instancia, pasou quince días en prisión, mentres que Watson, autor da morte, pasou 5 meses até recibir perdón real.

Pouco máis se sabe da súa estancia en Londres até días antes da súa morte. Naquela época compartía casa con Thomas Kyd. Este foi detido baixo sospeita de traizón, e despois dun rexistro, encontráronlle uns escritos comprometedores en relación coa relixión. Kyd, sometido a tortura, acusaría a Marlowe de ser o autor dos mesmos. Isto puxo baixo sospeita a Marlowe, que un día antes da súa morte foi acusado ao Consello Privado da raíña polo escuro informante Richard Baines de ateísmo por cuestionar pasaxes da Biblia, de delincuente perigoso que ameazaba con alcuñar a súa propia moeda, e de homosexual. Por todo isto, suponse que ía ser detido para ser interrogado como presunto traidor.

Na mañanciña do 30 de maio de 1593 Marlowe estaba en Deptford, na pousada de Eleonor Bull, xunto a Ingram Frizer, Nicholas Skeres e Robert Poley, persoas relacionadas coa espionaxe e as confabulacións. Frizer sería un home ao servizo de Thomas Walsingham, primo de Sir Francis Walsingham, secretario de estado e responsable dos servizos de espionaxe. Igualmente, Marlowe podería estar neses momentos ao servizo de Walsingham, pois nos días posteriores á detención de Thomas Kyd estivera aloxado na súa leira de Scadbury. Os catro pasaron o día na pousada, sen apenas saír. Despois de cear, seica tivo lugar un balbordo que acabou coa morte de Marlowe.

Isto sábese por un documento encontrado en 1925 polo profesor Leslie Hotson, segundo o cal despois da cea houbo unha discusión pola conta da mesma. Nun momento dado, Marlowe arrebataría a Frizer a daga coa que lle fixera varios cortes. Frizer revolveuse, e forzando a Marlowe, este atravesaríase o seu ollo dereito, provocando a morte instantánea ao chegar a daga ao cerebro.

Marlowe foi soterrado o 1 de xuño de 1593 nunha tumba anónima no propio Deptford. Frizer, logo dun proceso no que se considerou que actuara en lexítima defensa, foi indultado por orde real ás catro semanas.

Porén, parte da crítica e da historiografía non acepta esta teoría, defendendo que o incidente foi unha montaxe para facelo desaparecer e evitar así o enfrontamento ante a xustiza. Igualmente, afirman que seguiu escribindo baixo o nome de William Shakespeare. Estas especulacións son coñecidas como a Teoría Marlowe.

Obra

O panorama do teatro inglés antes de Marlowe era bastante desolador. Baseábase en traducións e pezas menores, con escaso texto, moi centradas na música e o baile, intranscendentes e de marcado carácter medieval. Marlowe contribuíu a modernizar o panorama teatral inglés, iniciando a época florecente coñecida como época isabelina, que acadaría o cumio con William Shakespeare[2].

Cara a 1586 estreouse Dido, Queen of Carthage, posiblemente coescrita con Thomas Nashe. Marlowe acadou o éxito nos escenarios londinienses por vez primeira en 1587 coa obra Tamburlaine, a historia do conquistador Tamerlán. Ao ano seguinte estreouse a segunda parte desa obra.

As súas seguintes pezas foron The Jew of Malta e Doctor Faustus, primeira adaptación dramática da lenda de Fausto. Edward II fala da caída do rei Eduardo II e a ascensión ao trono de Eduardo III. The Massacre at Paris conta os feitos da Matanza do día de San Bartolomeu, iniciada en París o 24 de agosto de 1572.

The Passionate Shepherd to His Love é unha obra menor. Deixou inacabada a obra épica Hero and Leander (publicada en 1598). Traduciu a primeira parte da Pharsalia de Lucano e as Elegias de Ovidio, se ben esta edición foi prohibida en 1599, sendo moitos exemplares queimados en público logo das medidas represivas do arcebispo John Whitgift.

Parte do éxito do autor debeuse ao actor Edward Alleyn. Era sorprendentemente alto para a época, e os altivos papeis de Tamberlán, Fausto ou Barabas puideron estar escritos para ser adaptados á súa posta en escena. As obras de Marlowe eran o principal repertorio da compañía teatral de Alleyn, a Admiral's Men, durante a última década do século XVI.

Notas

  1. "Letter fron the Privy Cuoncil" Arquivado 09 de outubro de 2004 en Wayback Machine., 29 de xuño de 1587 (en inglés).
  2. Santoyo , J. C. e Santamaría, J. M.: Introducción a La trágica historia de la vida y muerte del Doctor Fausto. Madrid: Cátedra, 2002, p. 23. ISBN 84-376-0472-9 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hoffman, C.: The Murder of the Man Who was Shakespeare. Nova York: Julian Messner, 1955
  • Santoyo, J.C. e Santamaría, J.M.: "Introducción" a MARLOWE, C. Fausto. Madrid: Cátedra, 2004
  • Slater, G.: Seven Shakespeares. Londres: Cecil Palmer, 1931.
  • Steane, J.B.: Marlowe: A Critical Study. Cambridge: Cambridge University Press, 1964
  • Bevington, D. e Rasmussen, E.: Doctor Faustus and Other Plays, OUP, 1998; ISBN 0-19-283445-2
  • Kuriyama, C.: Christopher Marlowe: A Renaissance Life. Cornell University Press, 2002. ISBN 0-8014-3978-7
  • Nicholl, C.: The Reckoning: The Murder of Christopher Marlowe, Vintage, 2002 ISBN 0-09-943747-3

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya